martes, 16 de junio de 2020

MARTES CIENTÍFICO

Moi bo día xentiña!

A proposta de hoxe require que nos poñamos bata branca e montemos un pequeno laboratorio científico na casa.


QUE MATERIAL PRECISARÁS? 

Nada raro, seguro que atopas pola casa todo o necesario.

- 1 Recipiente transparente con capacidade para, polo menos, medio litro de auga.
- 1 Ovo sen cocer.
- Azucre.
- Sal.
- Auga.
- Culler sopeira.
- Papel e boli.
- Cámara de fotos.
- FICHA DE REXISTRO.

O EXPERIMENTO TEN TRES FASES:

PASO A PASO DA 1ª FASE:

1º Enche o recipiente con medio litro de auga.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado que non rompa.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: AUGA.
6º Saca o ovo con coidado do recipiente.

PASO A PASO DA 2ª FASE:

1º Introduce no recipiente, que xa ten 1/2 litro de auga, 5 culleradas sopeiras de azucre e remexe ata que se disolva.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: AZUCRE.
6º Saca o ovo, baleira a mestura de auga + azucre e lava un pouco o vaso con auga.

PASO A PASO DA 3ª FASE:

1º Introduce no recipiente 1/2 litro de auga, 6 culleradas sopeiras de sal e remexe ata que se disolva.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: SAL.
6º Saca o ovo, baleira a mestura de auga e lava con xabón o vaso e a culler.

ENVÍO DE RESULTADOS:

Mánda a sextotorreilla2020@gmail.com a túa ficha de rexistro e as tres fotos.

Queres saber por que sucede o que sucede? Na ficha de rexistro tes unha pista, ten que ver coa densidade, o volume e a forza de gravidade. 

CANDO REMATES de facer o experimento entra no enlace para ler a explicación:


POR QUE SUCEDE O QUE SUCEDE? 




lunes, 15 de junio de 2020

CAMIÑO HACIA O INSTITUTO.

Boas rapazada.😊


O curso está a rematar e a vosa etapa no cole tamén.  Isto indica que o vindeiro curso emperezaredes una nova etapa educativa no instituto. 

Aproveitamos esta semana para darvos certa información que vos pode axudar a coñecer un pouco máis como é o funcionamento desta nova etapa que de seguro será positiva e divertida.

Aquí tedes información do funcionamento e organización do instituto. 

👀 Botádelle unha ollada!👀



Tamén podedes entrar nesta páxina e visualizar posibles dúbidas que teñades!



                                              Preme aquí:   COMO SERÁ O INSTITUTO?  


    ESTAMOS SEGUR@S DE QUE O FAREDES MOI BEN!!




ÚLTIMA SEMANA

BOAS RAPAZADA!


Esta semana como é a última e non podemos festexalo no cole como nos gustaría iremos publicando no blog cada día retos, xogos ou actividades lúdicas para pechar o curso. 

Hoxe deixamos uns xogos relacionados con MATES:


DRAG RACE:  Utiliza a túa habilidade matemática para rematar primeir@ esta trepidante carreira de Formula1.


SABUESO:  O Señor PI. reta a Sabueso a unha carreira matemática, tes diferentes niveis de dificultade.  Axuda a Sabueso!!!




SPACE RACE: Estas ao manexo dunha nave espacial. Necesitas do teu inxenio matemático para chegar  primeir@.




viernes, 12 de junio de 2020

ENQUISA DO CONCELLO SOBRE USO DA ENERXÍA

Bo día familias!

Dende o Concello da Illa de Arousa, a Concelleira de Medioambiente e Participación Cidadán, Gabriele von Hundelshausen quere repetir o chamamento para cubrir a enquisa sobre o uso da enerxía nos folgares da Illa de Arousa, que forma parte do estudo enerxético para a elaboración da Axenda da Transición Enerxética. 
A Illa forma parte do proxecto europeo "Clean Energy for EU Islands" e a presentación da axenda, planificada para maio, foi aplazada por mor das consequencias do COVID-19 ata outoño.






VENRES DE ESPECIALIDADES

Moi bos días xentiña querida!

Hoxe é o último venres de especialidades, contacta coas mestras e mestres especialistas para asegurarte de que estás ao día e comezar a pechar o curso.

MÚSICAcarlosabraira@edu.xunta.es

INGLÉSbicodara@gmail.com

FRANCÉS: ma.luisaoliveira@edu.xunta.es  

EDUCACIÓN FÍSICA:  educaciónfisicatorreilla@gmail.com 

Lembra tamén asegurarte que estás ao día en SOCIAIS e NATURAIS.


jueves, 11 de junio de 2020

SNAPPET, XOVES 11 DE XUÑO

Bo día rapazada!

Hoxe desaparecen as tarefas do pasado XOVES 4 DE XUÑO , pero aínda estarán accesibles as do MARTES 9 DE XUÑO.

Anota as tarefas 📝 de hoxe:


MATEMÁTICAS

O noso consello é que traballes en papel e despois pases os resultados a Snappet.

  • Cálculo, nas primeiras láminas aprenderás a sumar por compensación.
  • Resolución de problemas, le con moita atención as situacións que plantexan.
LENGUA CASTELLANA
  • Ortografía: La tilde diacrítica.
  • Dictado.
  • Comprensión lectora.


As dúbida xa sabes...  
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


miércoles, 10 de junio de 2020

CIENCIAS NATURAIS MÉRCORES 10 DE XUÑO

Moi bo día!

Hoxe farás un repaso das últimas propostas de NATURAIS, comprobarás que estás ao día e repasarás todos os contidos para facer o cuestionario que enlazamos abaixo. Comezamos!!

PROPOSTA DO 6 DE MAIO

Ademais de comezar o experimento de xerminación dunha semente enlazamos información importante que é importante que repases:
  • Vídeo sobre o REINO DAS PLANTAS.
  • Vídeo sobre a FOTOSÍNTESE.
  • Páxina 71 do libro: AS PLANTAS CON FLORES.

Este día enlazamos información sobre:
  • Ficha para repasar as PARTES DUNHA PLANTA.
  • De novo A FOTOSÍNTESE cun vídeo e un enlace á páxina 51 do teu libro.
  • PARTES DUNHA FOLLA.
Comproba neste enlace se tes entregada a tarefa fundamental do 13 de maio, tratábase da recollida e clasificación de 3 follas, a explicación e a táboa de observación están na PROPOSTA DO DÍA 13.

PROPOSTA DO 20 DE MAIO

Nesta entrada tiñas dúas tarefas fundamentais:


Este día lanzamos información o Parque Natural do Carreirón e a súa flora máis significativa, tanto plantas autóctonas como invasoras. 

A tarefa de identificación de plantas lembra que era VOLUNTARIA, se queres facela aínda estás a tempo para que a publiquemos.


Nesta día enlazamos de novo o vídeo sobre a FOTOSÍNTESE e  pedimos dúas tarefas fundamentais:

Agora que repasaches toda a información que lanzamos e que comprobaches que tes entregadas todas as tarefas fundamentais estarás list@ para facer o cuestionario. Lembra que soamente o tes que facer unha vez e se queres recibir unha copia das túas respostas tes que escribir a túa dirección de email, NON A NOSA!

Preme na imaxe para entrar e cando remates non esquezas pulsar ENVIAR.



Adiante!! Tedes ata o venres 12 para comprobar que estades ao día, repasar e facer o test. Se che falta algunha das tarefas fundamentais por enviar xa sabes que tes que mandalas a sextotorreilla2020@gmail.com.

XA ESTAMOS REMATANDO, ÚLTIMO ESFORZO RAPAZADA!!!