Hoxe farás un repaso das últimas propostas de NATURAIS, comprobarás que estás ao día e repasarás todos os contidos para facer o cuestionario que enlazamos abaixo. Comezamos!!
PROPOSTA DO 6 DE MAIO
Ademais de comezar o experimento de xerminación dunha semente enlazamos información importante que é importante que repases:
- Vídeo sobre o REINO DAS PLANTAS.
- Vídeo sobre a FOTOSÍNTESE.
- Páxina 71 do libro: AS PLANTAS CON FLORES.
Este día enlazamos información sobre:
- Ficha para repasar as PARTES DUNHA PLANTA.
- De novo A FOTOSÍNTESE cun vídeo e un enlace á páxina 51 do teu libro.
- PARTES DUNHA FOLLA.
Comproba neste enlace se tes entregada a tarefa fundamental do 13 de maio, tratábase da recollida e clasificación de 3 follas, a explicación e a táboa de observación están na PROPOSTA DO DÍA 13.
PROPOSTA DO 20 DE MAIO
Nesta entrada tiñas dúas tarefas fundamentais:
XA ESTAMOS REMATANDO, ÚLTIMO ESFORZO RAPAZADA!!!
Nesta entrada tiñas dúas tarefas fundamentais:
- Cuestionario sobre as partes da planta: QUE COMEMOS? Se non o fixeches aínda está aberto para que o completes.
- Elaboración dunha FICHA DE CULTIVO, comproba neste enlace se está correctamente entregada.
Este día lanzamos información o Parque Natural do Carreirón e a súa flora máis significativa, tanto plantas autóctonas como invasoras.
A tarefa de identificación de plantas lembra que era VOLUNTARIA, se queres facela aínda estás a tempo para que a publiquemos.
Nesta día enlazamos de novo o vídeo sobre a FOTOSÍNTESE e pedimos dúas tarefas fundamentais:
- Esquema sobre o proceso da FOTOSÍNTESE. Comproba que a túa tarefa está correctamente entregada.
- Plantar frutais para absorber CO2, comproba que o teu xerminado está entregado correctamente neste enlace.
Agora que repasaches toda a información que lanzamos e que comprobaches que tes entregadas todas as tarefas fundamentais estarás list@ para facer o cuestionario. Lembra que soamente o tes que facer unha vez e se queres recibir unha copia das túas respostas tes que escribir a túa dirección de email, NON A NOSA!
Preme na imaxe para entrar e cando remates non esquezas pulsar ENVIAR.
Adiante!! Tedes ata o venres 12 para comprobar que estades ao día, repasar e facer o test. Se che falta algunha das tarefas fundamentais por enviar xa sabes que tes que mandalas a sextotorreilla2020@gmail.com.
XA ESTAMOS REMATANDO, ÚLTIMO ESFORZO RAPAZADA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.