Mostrando entradas con la etiqueta RETO SEMANAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETO SEMANAL. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de junio de 2020

MARTES CIENTÍFICO

Moi bo día xentiña!

A proposta de hoxe require que nos poñamos bata branca e montemos un pequeno laboratorio científico na casa.


QUE MATERIAL PRECISARÁS? 

Nada raro, seguro que atopas pola casa todo o necesario.

- 1 Recipiente transparente con capacidade para, polo menos, medio litro de auga.
- 1 Ovo sen cocer.
- Azucre.
- Sal.
- Auga.
- Culler sopeira.
- Papel e boli.
- Cámara de fotos.
- FICHA DE REXISTRO.

O EXPERIMENTO TEN TRES FASES:

PASO A PASO DA 1ª FASE:

1º Enche o recipiente con medio litro de auga.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado que non rompa.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: AUGA.
6º Saca o ovo con coidado do recipiente.

PASO A PASO DA 2ª FASE:

1º Introduce no recipiente, que xa ten 1/2 litro de auga, 5 culleradas sopeiras de azucre e remexe ata que se disolva.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: AZUCRE.
6º Saca o ovo, baleira a mestura de auga + azucre e lava un pouco o vaso con auga.

PASO A PASO DA 3ª FASE:

1º Introduce no recipiente 1/2 litro de auga, 6 culleradas sopeiras de sal e remexe ata que se disolva.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: SAL.
6º Saca o ovo, baleira a mestura de auga e lava con xabón o vaso e a culler.

ENVÍO DE RESULTADOS:

Mánda a sextotorreilla2020@gmail.com a túa ficha de rexistro e as tres fotos.

Queres saber por que sucede o que sucede? Na ficha de rexistro tes unha pista, ten que ver coa densidade, o volume e a forza de gravidade. 

CANDO REMATES de facer o experimento entra no enlace para ler a explicación:


POR QUE SUCEDE O QUE SUCEDE? 




jueves, 16 de abril de 2020

NOVO RETO MUSICAL


O mestre Carlos lanza un novo reto musical dende  torremusiquilla.blogspot.com . Esta vez con...            VASOS?!

Aquí vai unha pista...




jueves, 26 de marzo de 2020

RETO MUSICAL

NOVO RETOOOOOOOO!!!

Dende o blog de música o profe Carlos platexa un novo DESAFÍO...     Quen se anima???

Entra no blog TORRE MUSIQUILLA 6º , baixa ata atopar a sección TOCAMOS A FRAUTA? e entra no DESAFÍO TUSA ou no DESAFÍO BELLA CHAO.

Se alguén se atreve a superar estes retos enviade o voso resultado, un vídeo tocando algunha das melodías, a:

carlosabraira@edu.xunta.es






ADIANTE  ARTISTAS!!

sábado, 21 de marzo de 2020

RETO POÉTICO

Hoxe, 21 de marzo, é o DÍA DA POESÍA.


Libria está contentísima e quere propoñernos un reto moi poético. Ide ao blog da biblio para saber en que consiste:   O RETO DE LIBRIA.

Lembrade que o mail para participar neste reto será: 

bibliotecatorreilla@gmail.com  


martes, 17 de marzo de 2020

RETO SEMANAL: PAPIROFLEXIA

Booooo día xentiña!!

Cada semana imos a propoñer un reto no que poderás participar dende a casa. Esta semana a proposta é PAPIROFLEXIA. Por que? Porque ...


Como podes participar neste reto? Moi sinxelo:

Escolle a figura ou figuras que queres crear, na rede atoparás milleiros de ideas diferentes. 

Colle papel e mans á obra.

Cando remates faille unha foto á túa creación.

Envía a foto a   sextotorreilla2020@gmail.com   para que a publiquemos no blog. En asunto escribe:
Papiroflexia + nome + curso

Aquí tes algunha idea, para mostra un botón.


   PIKACHU        EMOJI         RA         GAFAS         AERONAVE


A  NOSA  GALERÍA  DE  PAPEL


Carla quere compartir a súa creación. Estupendo!!


Cynthia tamén superou o reto con este canciño. Brava!!


Na casa de Dani tamén superaron o reto con estes tiburóns. Bravo!!


Jorge superou o reto con este cisne. Estupendo!


Unai tamén acadou o reto de papel. Bravo!!


Estas tres ras veñen saltando dende a casa de Alma. Reto superado!!


Mirade que peixe tan bonitiño nos manda Unai. Reto acadado!!


Moi chula a túa proposta Iker. Reto acadado!!


Reto superado Estela!!  Brava!

Aitor conseguiu o reto!!!!!👍👍 Reto superado!!!!✌✌


Xiana superou o reto!!!👏👏  Reto conseguido!!!✌✌

Boas! !!Eu xa conseguín o reto!!!! Agora só me queda coidar do meu coello!!!