Mostrando entradas con la etiqueta SNAPPET. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SNAPPET. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

SNAPPET, XOVES 11 DE XUÑO

Bo día rapazada!

Hoxe desaparecen as tarefas do pasado XOVES 4 DE XUÑO , pero aínda estarán accesibles as do MARTES 9 DE XUÑO.

Anota as tarefas 📝 de hoxe:


MATEMÁTICAS

O noso consello é que traballes en papel e despois pases os resultados a Snappet.

  • Cálculo, nas primeiras láminas aprenderás a sumar por compensación.
  • Resolución de problemas, le con moita atención as situacións que plantexan.
LENGUA CASTELLANA
  • Ortografía: La tilde diacrítica.
  • Dictado.
  • Comprensión lectora.


As dúbida xa sabes...  
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


martes, 9 de junio de 2020

SNAPPET, MARTES 9 DE XUÑO

Bo día rapazada!


Hoxe xa non poderás acceder ás tarefas do pasado MARTES 2 DE XUÑO pero lembra que aínda tes dous días para rematar as do XOVES 4 DE XUÑO, antes de nada entra a esas actividades para comprobar que estás ao día e comproba os resultados dos exercicios do EXAME DE POTENCIAS, RAÍCES E EXPRESIÓNS POLINÓMICAS.

Agora si, anota as novas actividades e mans á obra:


MATEMÁTICAS
  • Mínimo común múltiplo. OllO, moi atentos ás láminas 1a-b-c-d-e-f onde explica que é e como se calcula.
  • Máximo común divisor. Aquí tamén atoparás a explicación nas láminas iniciais, non pases por elas como un foguete.
No seguinte vídeo atoparás unha explicación sobre o cálculo do m.c.d. baseado na resolución dunha situación real:



Un vídeo máis,  neste atoparás unha explicación sobre o cálculo do m.c.m. tamén baseado na resolución dunha situación real:






LINGUA  GALEGA

É MOI IMPORTANTE que leades con atención e tomedes apuntes ou elaboredes esquemas das primeiras láminas onde se explican os contidos, así será máis sinxelo despois realizar os exercicios.

  • Clases de substantivos segundo o seu significado.
  • O xénero do substantivo.
  • O número do substantivo.

As dúbida xa sabedes...
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


jueves, 4 de junio de 2020

SNAPPET XOVES 4 DE XUÑO

Bo día rapazada!

Hoxe desaparecen as tarefas do pasado XOVES 28 DE MAIO, pero aínda estarán accesibles as do MARTES 2 DE XUÑO.

Anota as tarefas 📝.


MATEMÁTICAS


É importante que entres nos bloques neste orden:

1º Divisores dun número.

2º Criterios de divisibilidade.


LENGUA CASTELLANA


1º Os demostrativos.

2º Os posesivos.


As dúbida xa sabes...  
  
                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com



martes, 2 de junio de 2020

SNAPPET MARTES 2 DE XUÑO

Bo día!!

Lembra que os exercicios do pasado martes hoxe desaparecen e que quedan 2 días para acabar os do pasado xoves.

Anota as tarefas 📝.
MATEMÁTICAS


  • Repaso.
  • Exame.
Un consello, fai primeiro o repaso e despois o exame.

LINGUA GALEGA

Imos a pechar os exercicios do exame do pasado martes pero deixarémolo accesible para que poidas revisar as túas respostas. Comproba os exercicios AQUÍ.

Nova tarefa de repaso:
  • Os sinónimos.
  • Os antónimos.
  • A sílaba tónica.


As dúbida xa sabes...  
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com

jueves, 28 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 28 DE MAIO

Bo día rapazada!


Hoxe lanzamos novas propostas para contnuar co repaso de MATES e LINGUA CASTELÁ, ademais pechamos os exercicios do exame e deixámosvos a corrección dos exercicios para que poidades revisar.



MATEMÁTICAS

Recomendamos traballar en papel e pasar os resultados a SNAPPET. Podes axudarte dunha calculadora para COMPROBAR os teus resultados, non para facelos OllO, soamente para COMPROBAR, xa o sabes.


  • Cálculo.
  • Problemas.
LENGUA CASTELLANA


As dúbida xa sabes...  

  
                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com

martes, 26 de mayo de 2020

SNAPPET E ALGO MÁIS

Bos días!

Hoxe temos propostas de repaso en SNAPPET e tamén en LIVEWORKSHEET.



LIVEWORKSHEET

Repasaremos cálculo de divisións axudándolle a Pedro a que xogue ao Fortnite. Cando averigües o código terás que escribilo no seu lugar e premer en ¡TERMINADO! Despois escolle COMPROBAR MIS RESPUESTAS, se tes erros deberás correxilos, podes axudarte da calculadora ou das tablas de multiplicar

Cando o teu exercicio non teña erros deberás envialo a sextotorreilla@gmail.com escollendo a opción ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR

Preme na imaxe para acceder á tarefa:



SNAPPET

LINGUA GALEGA

  • Repaso.
  • Exame. 

MATEMÁTICAS

Antes de comezar coa tarefa refresca con este vídeo sobre as expresións polinómicas.



Agora preme na lapela LECCIONES do teu perfil e ponte con estas actividades:

  • Expresión polinómica dun número.
  • Raíz cadrada (OllO coa explicación da lámina 1b).


As dúbida xa sabes...  
  
                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


jueves, 21 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 21 DE MAIO

Bo día rapazada!

Para hoxe en SNAPPET temos estas cousiñas para seguir practicando e repasando. Colle papel e lapis, anota a tarefa e atenta ao vídeo de explicación:


MATEMÁTICAS

1º PESTANA "LECCIONES"
  • Potencias.
  • Potencias de base 10.
2º PESTANA "SIGO APRENDIENDO":
  • Todos os bloques que teñan que ver coa DIVISIÓN, se non hai ningún significa que xa estás en nivel CRACK.

Mira este vídeo para que quede claro, clarísimo:



LENGUA  CASTELLANA

Soamente farás as actividades da lapela "LECCIONES":
  • Repaso.
  • Examen. Estará aberto ata o próximo mércores, o xoves pecharémolo e poderás ver as correccións.
Aclaración para o exercicio 1F do exame, as palabras que corresponden aos debuxos son: cartero, futbolista, piano y sopa.



As dúbida xa sabes...  
  
 ou    sextotorreilla2020@gmail.com


martes, 19 de mayo de 2020

SNAPPET MARTES 19 DE MAIO

Bo día!

Hoxe terás varias tarefas en SNAPPET, algunhas son novas formas de traballar na túa plataforma así que atentos ás orientacións do vídeo. 

Sigue este paso a paso:

Revisa os exercicios do exame de MATES do pasado martes 12 de maio, non poderás cambiar as respostas porque as actividades xa están pechadas, pero averiguarás cales son as túas fortalezas e debilidades. Lembra que as debilidades, con práctica e esforzo, poden convertirse en fortalezas.



MATEMÁTICAS: Mira o vídeo para saber cales son as novas tarefas de matemáticas, ata o xoves traballaredes dun novo xeito.





LINGUA GALEGA: Aquí si terás actividades novas sobre XÉNEROS LITERARIOS, moita atención nas láminas de presentación.

O xoves desaparecerán as actividades de LENGUA CASTELLANA, comproba que estás rematadas e revisadas.


As dúbida xa sabes...  
  
      ou           sextotorreilla2020@gmail.com


Unha cousiña máis, se queredes podedes pasar a botar unha ollada polo blog do Programa REFÓRZA-T da mestra Blanca. Está xenial!!

jueves, 14 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 14 DE MAIO

Bos días!

Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado XOVES 7 , pero seguen activas as do MARTES 12.


Hoxe soamente lanzamos repaso de LINGUA CASTELÁ, deixamos matemáticas sen novidade para que vaiades rematando o repaso e o exame que publicamos o martes desta semana. Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:



LENGUA CASTELLANA

  • DICTADO: Lee atentamente las instrucciones de la página 1a y recuerda que no hace falta que tengas en cuenta el punto 4.
  • EL GRUPO NOMINAL: Antes de empezar con los ejercicios refresca las ideas con las láminas 1a, 1b y 1c. En los ejercicios 1h, 2m, 2n y 2o la corrección la haremos los profes, no SNAPPET. Recuerda leer varias veces el enunciado y empezar con mayúscula y terminar con punto cada uno de los grupos nominales que escribas. Te dejamos un ejemplo:

                                     EJEMPLO 1:  Las antiguas pirámides egipcias.

                     EJEMPLO 2:  Unas enormes y ancestrales pirámides.



martes, 12 de mayo de 2020

SNAPPET MARTES 12 DE MAIO

Bos días!

Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado MARTES 5 , pero seguen activas as do XOVES 7.


Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:



MATEMÁTICAS

  • REPASO: Unhas actividades de repaso de todo o que practicamos con Snappet ata o de agora.
  • EXAMEN: Aquí atoparás 10 actividades que che recomendamos facer con moita calma, amodiño e con boli e papel para axudarte. Recomendamos que fagas en papel e despois o pases a Snappet. Lembra que tes toda a semana para facelo. Se tes algunha dúbida antes de comezar ou mentras o estás a facer pregunta polo chat. Pódese realizar en varios días.

LINGUA  GALEGA
  • A GHEADA: É importante que leas con atención as primeiras láminas de información.
  • O SESEO: É importante que leas con atención as primeiras láminas de información.


Para calquer dúbida xa sabes...    



jueves, 7 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 7 DE MAIO

Bos días RAPAZADA!


Hoxe toca lanzar actividades relacionadas coa nosa plataforma SNAPPET pero antes.....



Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado  XOVES 30, pero seguen activas as MARTES 5 DE MAIO.






📝   📝  Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:📝  📝

MATEMÁTICAS   💭💭

  • PROBLEMAS: Fai os problemas na libreta tal como facemos no cole, paso a paso, cos seus datos, operación e solución,  logo simplemente coloca o resultado na plataforma!

LENGUA CASTELLANA   📖  📖

  • GRAMÁTICA: El artículo.

  • GRAMÁTICA: El adjetivo.

  • ORTOGRAFÍA: Acentuación de hiatos. Lee  atentamente os exercicios de explicación 1a e 1b, serviranche para poder realizar o resto de actividades!

IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro XOVES 14 DE MAIO.

                              

  MOITO ÁNIMO!!!💪💪💪





martes, 5 de mayo de 2020

MARTES 5 DE MAIO - SNAPPET

Bos días!

Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado MARTES 28, pero seguen activas as do XOVES 30.


Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:



MATEMÁTICAS

  • Números romanos. Atentos e atentas ás explicacións do comezo para refrescar ideas.
  • Cálculo. É un repaso xeral do traballado estes últimos días. Se precisas axuda coas divisións con divisor de 3 cifras temos un par de vídeos preparados, pídeos por mail ou polo chat e facémoschos chegar.
LINGUA GALEGA

  • Expresión escrita: A recensión. Con estas actividades aprenderás a escribir recensións, textos nos que se fai un análise crítico dun libro, cómic, película, videoxogo, etc. OllO, os exercicios 1i e 2k son idénticos, soamente terás que facelo unha vez. Poderás elaborar a túa recensión sobre un libro, cómic ou película, máis abaixo deixamos unhas táboas para axudarte a ordear e presentar o teu texto. Unha vez teñas rematado o texto envía o teu arquivo a sextotorreilla2020@gmail.com para que o publiquemos nesta entrada. Lembra que se o fas en WORD debes empregar letra Arial ou gardalo en PDF antes de envialo, se decides facelo a man envíanos unha foto.

OllO, o texto ten que estar escrito en LINGUA GALEGA, revisa co dicionario e axúdate co tradutor.



IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro MARTES 12/05/2020.


RECENSIÓNS !!!!


MIGUEL 6ºA          DANIEL 6ºB            JORGE 6ºB           AITOR 6ºB          ALMA 6ºB   

ASIER 1 6ºB          ASIER 2 6ºB              UNAI 6ºA           DIEGO 6ºB.            XIANA 6ºA

YAGO 6º A            IKER 6ºB                 SARA 6ºB              YAGO 6º A             KIARA 6ºA

JAVI 6ºB               ESTELA 6ºB             MANUEL N. 6ºB




jueves, 30 de abril de 2020

XOVES 30 DE ABRIL: SNAPPET

BOS DÍAS!!

Antes de comezar as tarefas de SNAPPET queremos que miredes este vídeo, ten uns consellos sobre organización que pensamos van a ser moi útiles. 




AVISO: Hoxe xa non poderás ver as tarefas que lanzamos o pasado XOVES 23 de ABRIL. 

Antes de comezar copia nun papel as tarefas que lanzamos para telas a man e poder organizarte, lembra que o bloque de actividades "REFUERZO" non se fan. 




Se queres facer tarefas voluntarias cando remates as actividades que atoparás en LECCIONES  podes premer en...


Aquí van as tarefas, ANOTA:


MATEMÁTICAS

  • Operacións combinadas, le con moita atención as instrucións. Soamente facemos os bloques "explicación" e "práctica".

LENGUA CASTELLANA

  • Gramática (los sustantivos)lee con mucha atención las instrucciones. Solamente hacemos los bloques "explicación" y "práctica".
  • Acentuación de diptongos, lee con mucha atención las instrucciones. Solamente hacemos los bloques "explicación" y "práctica".

Se tes dúbidas podes preguntarnos a través do chat ou do correo electrónico.


IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro XOVES 07/05/2020.


martes, 28 de abril de 2020

MARTES 28 DE ABRIL: SNAPPET

MOI BOS DÍAS!!

IMPORTANTE: Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado martes 21 de abril. Seguirán activas as do xoves 23 de abril.

Antes de comezar copia nun papel as tarefas que lanzamos para telas a man e poder organizarte, lembra que o bloque de actividades "REFUERZO" non se fan. 




Se queres facer actividades extras voluntarias tes que entrar en...


Aquí van as tarefas, ANOTA:


MATEMÁTICAS

  • Multiplicar con números naturais, OllO ás explicacións dos exercicios 1b, 1c, 1d e 1e, examínaos con MOITA atención.
  • Dividir con números naturais, OllO ás explicacións dos exercicios 1b, 1c e 1d,  examínaos con MOITA atención.

LINGUA GALEGA

  • Vocabulario: Na biblioteca.
  • Vocabulario: Os dicionarios. Se queres axuda lembra que na columna esquerda do blog hai un enlace permanente aos dicionarios.
  • Ditado, moi atent@s ás instruccións.

Se tes dúbidas podes preguntarnos a través do chat ou do correo electrónico.


IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro MARTES 5/05/2020.

XA  QUEDA  MENOS !!

jueves, 23 de abril de 2020

XOVES 23 DE ABRIL: SNAPPET

Bo día rapazada!

Imos a comezar con este vídeo...



Hoxe as propostas de repaso están en...



Antes de nada copia nun papel as tarefas que lanzamos para telas a man e lembra que os bloques das actividades "REFUERZO" non se fan.




Aquí van as tarefas, ANOTA:


MATEMÁTICAS

  • Descomponer números: facemos todas as actividades salvo o bloque 3 "refuerzo".
  • Sumas: facemos todas as actividades salvo o bloque 3 "refuerzo".
  • Restas: facemos todas as actividades salvo o bloque 3 "refuerzo".

LENGUA CASTELLANA
  • Vocabulario, prefijos: facemos todas as actividades salvo o bloque 3 "refuerzo".
  • Vocabulario, sufijos: facemos todas as actividades salvo o bloque 3 "refuerzo".
  • Reglas generales de acentuación: facemos todas as actividades salvo o bloque 3 "refuerzo".


Se queres facer actividades extras voluntarias tes que entrar en...


Se tes dúbidas podes preguntarnos a través do chat o do correo electrónico.


IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro XOVES 30/04/2020.

ÁNIM FORZA


martes, 21 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL: SNAPPET (linguas e matemáticas).

Bo día a tod@s!

Hoxe comezades a traballar con SNAPPET. Esta mañá enviamos, através de ABALAR, os vosos usuarios e contrasinais, queremos lembrarvos que NON SE PODEN CAMBIAR. 

Supoño que todo o mundo lle botou un ollo ao titorial que mandamos onte no que explicamos como acceder á plataforma. Se non o miraches aquí vai: 


Para que xa hoxe empeces a practicar e traballar con SNAPPET mira este 2º vídeo no que explicamos como empezar a traballar na plataforma:


Agora xa estades list@s para comezar a practicar. Aquí vai a lista de tarefas, se queres podes escribila nun papel para tela a man cando estés traballando:


MATEMÁTICAS

- ESCRIBIR NÚMEROS HASTA 9 CIFRAS: bloque 1 explicación e bloque 2 práctica, non fagas o bloque 3 refuerzo.

- ORDENAR NÚMEROS DE HASTA 9 CIFRAS: bloque 1 explicación e bloque 2 práctica, non fagas o bloque 3 refuerzo.

Lembrade que se queredes seguir practicando de xeito voluntario tedes que premer en "+ Seguir trabajando en el objetivo de aprendizaje"

Cando escribas números lembra poñer os puntos. Exemplo: 

                                                         incorrecto       correcto

                                                           12539             12.539



LINGUA GALEGA

- COMPRENSIÓN LECTORA "COS PÉS NO AIRE": Despois de ler o texto realiza TODOS os exercicios, o último (exercicio 2m) non se corrixe de xeito automático, somos os profes os que revisamos e correximos cando o vexamos.

OllO coa ortografía cando escribas.


Lembrade que se queredes seguir practicando de xeito voluntario tedes que premer en "+ Seguir trabajando en el objetivo de aprendizaje"

IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro MARTES 28/04/2020.

ADIANTE!!  Se tes dúbidas non te preocupes, hai un chat para preguntarnos aos profes, busca o símbolo na esquina inferior dereita na túa pantalla. Se nese momento estamos conectados responderemos, se non o estamos terás unha resposta máis tarde.

ACCESO AO CHAT CO PROFESOR