Mostrando entradas con la etiqueta LINGUAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

SNAPPET, XOVES 11 DE XUÑO

Bo día rapazada!

Hoxe desaparecen as tarefas do pasado XOVES 4 DE XUÑO , pero aínda estarán accesibles as do MARTES 9 DE XUÑO.

Anota as tarefas 📝 de hoxe:


MATEMÁTICAS

O noso consello é que traballes en papel e despois pases os resultados a Snappet.

  • Cálculo, nas primeiras láminas aprenderás a sumar por compensación.
  • Resolución de problemas, le con moita atención as situacións que plantexan.
LENGUA CASTELLANA
  • Ortografía: La tilde diacrítica.
  • Dictado.
  • Comprensión lectora.


As dúbida xa sabes...  
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


martes, 9 de junio de 2020

SNAPPET, MARTES 9 DE XUÑO

Bo día rapazada!


Hoxe xa non poderás acceder ás tarefas do pasado MARTES 2 DE XUÑO pero lembra que aínda tes dous días para rematar as do XOVES 4 DE XUÑO, antes de nada entra a esas actividades para comprobar que estás ao día e comproba os resultados dos exercicios do EXAME DE POTENCIAS, RAÍCES E EXPRESIÓNS POLINÓMICAS.

Agora si, anota as novas actividades e mans á obra:


MATEMÁTICAS
  • Mínimo común múltiplo. OllO, moi atentos ás láminas 1a-b-c-d-e-f onde explica que é e como se calcula.
  • Máximo común divisor. Aquí tamén atoparás a explicación nas láminas iniciais, non pases por elas como un foguete.
No seguinte vídeo atoparás unha explicación sobre o cálculo do m.c.d. baseado na resolución dunha situación real:



Un vídeo máis,  neste atoparás unha explicación sobre o cálculo do m.c.m. tamén baseado na resolución dunha situación real:






LINGUA  GALEGA

É MOI IMPORTANTE que leades con atención e tomedes apuntes ou elaboredes esquemas das primeiras láminas onde se explican os contidos, así será máis sinxelo despois realizar os exercicios.

  • Clases de substantivos segundo o seu significado.
  • O xénero do substantivo.
  • O número do substantivo.

As dúbida xa sabedes...
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


jueves, 4 de junio de 2020

SNAPPET XOVES 4 DE XUÑO

Bo día rapazada!

Hoxe desaparecen as tarefas do pasado XOVES 28 DE MAIO, pero aínda estarán accesibles as do MARTES 2 DE XUÑO.

Anota as tarefas 📝.


MATEMÁTICAS


É importante que entres nos bloques neste orden:

1º Divisores dun número.

2º Criterios de divisibilidade.


LENGUA CASTELLANA


1º Os demostrativos.

2º Os posesivos.


As dúbida xa sabes...  
  
                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com



martes, 2 de junio de 2020

SNAPPET MARTES 2 DE XUÑO

Bo día!!

Lembra que os exercicios do pasado martes hoxe desaparecen e que quedan 2 días para acabar os do pasado xoves.

Anota as tarefas 📝.
MATEMÁTICAS


  • Repaso.
  • Exame.
Un consello, fai primeiro o repaso e despois o exame.

LINGUA GALEGA

Imos a pechar os exercicios do exame do pasado martes pero deixarémolo accesible para que poidas revisar as túas respostas. Comproba os exercicios AQUÍ.

Nova tarefa de repaso:
  • Os sinónimos.
  • Os antónimos.
  • A sílaba tónica.


As dúbida xa sabes...  
  

                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com

jueves, 28 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 28 DE MAIO

Bo día rapazada!


Hoxe lanzamos novas propostas para contnuar co repaso de MATES e LINGUA CASTELÁ, ademais pechamos os exercicios do exame e deixámosvos a corrección dos exercicios para que poidades revisar.



MATEMÁTICAS

Recomendamos traballar en papel e pasar os resultados a SNAPPET. Podes axudarte dunha calculadora para COMPROBAR os teus resultados, non para facelos OllO, soamente para COMPROBAR, xa o sabes.


  • Cálculo.
  • Problemas.
LENGUA CASTELLANA


As dúbida xa sabes...  

  
                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com

martes, 26 de mayo de 2020

SNAPPET E ALGO MÁIS

Bos días!

Hoxe temos propostas de repaso en SNAPPET e tamén en LIVEWORKSHEET.



LIVEWORKSHEET

Repasaremos cálculo de divisións axudándolle a Pedro a que xogue ao Fortnite. Cando averigües o código terás que escribilo no seu lugar e premer en ¡TERMINADO! Despois escolle COMPROBAR MIS RESPUESTAS, se tes erros deberás correxilos, podes axudarte da calculadora ou das tablas de multiplicar

Cando o teu exercicio non teña erros deberás envialo a sextotorreilla@gmail.com escollendo a opción ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR

Preme na imaxe para acceder á tarefa:



SNAPPET

LINGUA GALEGA

  • Repaso.
  • Exame. 

MATEMÁTICAS

Antes de comezar coa tarefa refresca con este vídeo sobre as expresións polinómicas.



Agora preme na lapela LECCIONES do teu perfil e ponte con estas actividades:

  • Expresión polinómica dun número.
  • Raíz cadrada (OllO coa explicación da lámina 1b).


As dúbida xa sabes...  
  
                           ou    sextotorreilla2020@gmail.com


jueves, 21 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 21 DE MAIO

Bo día rapazada!

Para hoxe en SNAPPET temos estas cousiñas para seguir practicando e repasando. Colle papel e lapis, anota a tarefa e atenta ao vídeo de explicación:


MATEMÁTICAS

1º PESTANA "LECCIONES"
  • Potencias.
  • Potencias de base 10.
2º PESTANA "SIGO APRENDIENDO":
  • Todos os bloques que teñan que ver coa DIVISIÓN, se non hai ningún significa que xa estás en nivel CRACK.

Mira este vídeo para que quede claro, clarísimo:



LENGUA  CASTELLANA

Soamente farás as actividades da lapela "LECCIONES":
  • Repaso.
  • Examen. Estará aberto ata o próximo mércores, o xoves pecharémolo e poderás ver as correccións.
Aclaración para o exercicio 1F do exame, as palabras que corresponden aos debuxos son: cartero, futbolista, piano y sopa.



As dúbida xa sabes...  
  
 ou    sextotorreilla2020@gmail.com


martes, 19 de mayo de 2020

SNAPPET MARTES 19 DE MAIO

Bo día!

Hoxe terás varias tarefas en SNAPPET, algunhas son novas formas de traballar na túa plataforma así que atentos ás orientacións do vídeo. 

Sigue este paso a paso:

Revisa os exercicios do exame de MATES do pasado martes 12 de maio, non poderás cambiar as respostas porque as actividades xa están pechadas, pero averiguarás cales son as túas fortalezas e debilidades. Lembra que as debilidades, con práctica e esforzo, poden convertirse en fortalezas.



MATEMÁTICAS: Mira o vídeo para saber cales son as novas tarefas de matemáticas, ata o xoves traballaredes dun novo xeito.





LINGUA GALEGA: Aquí si terás actividades novas sobre XÉNEROS LITERARIOS, moita atención nas láminas de presentación.

O xoves desaparecerán as actividades de LENGUA CASTELLANA, comproba que estás rematadas e revisadas.


As dúbida xa sabes...  
  
      ou           sextotorreilla2020@gmail.com


Unha cousiña máis, se queredes podedes pasar a botar unha ollada polo blog do Programa REFÓRZA-T da mestra Blanca. Está xenial!!

lunes, 18 de mayo de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Bo día!

A proposta de hoxe é que profundicemos un pouco máis na figura de Ricardo Carvalho Calero e na súa obra.

PARA COMEZAR, pásate, se aínda non o fixeches, pola proposta que publicamos o pasado venres onde enlazamos a biografía do escritor e un xogo de escape, preme AQUÍ e levámoste  a ela dun salto.

CONTINUAMOS, agora que refrescaches a súa biografía poderás facer estas actividades. Lembra premer na pestana TERMINADO ao acabar para comprobar as respostas ou envialo, ti decides.



PARA REMATAR propoñémosche que leas un dos seus contos que recentemente a Editorial Embora publicou como álbum ilustrado: AS PITAS BAIXO A CHOIVA. Preme na portada para ver e ler:


Isto é todo pero se queres investigar máis deixámosvos algunhas webs con propostas moi interesantes e creativas:

OUTRO XOGO DE ESCAPE, mira o vídeo e se te atreves entra.


Aquí vai outra proposta para comprobar todo o que sabes e quizais aprender algo novo polo camiños: DON RICARDO, O XOGO.

Queres facer un conto en forma de lapbook? Preme aquí para saber como.

Se te animas a facer o lapbook, por favor, envíanos as fotos para que todo o mundo o poida desfrutar.


domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!


             Boas rapazada!


Hoxe festexamos o día das nosas letras  e da nosa lingua. Para iso deixámosvos a revista  que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Torre-Illa pudo levar a cabo gracias a vosa gran participación. 

Así que desexámosvos  un...


 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!




                                                   









viernes, 15 de mayo de 2020

QUENTANDO MOTORES PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Moi bos días xentiña querida!

Hoxe é venres de especialidades, contacta coas mestras e mestres especialistas e ponte ao día coas súas propostas.


BLOG DE MÚSICA     Mail de contacto carlosabraira@edu.xunta.es

BLOG DE INGLÉS     Mail de contacto bicodara@gmail.com

FRANCÉS: Mail de contacto  ma.luisaoliveira@edu.xunta.es  


EDUCACIÓN FÍSICA: Mail de contacto educaciónfisicatorreilla@gmail.com 

Pola nosa parte queremos empezar a celebrar a nosa lingua, as nosas letras, a nosa cultura e homenaxear a un gran escritor que tanto fixo pola nosa literatura e a nosa lingua. Este ano toca honrar a Don Ricardo Carvalho Calero. Preme na imaxe para navegar pola súa vida e obra:


Se queres ver e escoitar esta biografía de Don Ricardo feita por nenos e nenas, pincha no play:




Seguro que xa estás lista para comezar esta aventura...






jueves, 14 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 14 DE MAIO

Bos días!

Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado XOVES 7 , pero seguen activas as do MARTES 12.


Hoxe soamente lanzamos repaso de LINGUA CASTELÁ, deixamos matemáticas sen novidade para que vaiades rematando o repaso e o exame que publicamos o martes desta semana. Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:



LENGUA CASTELLANA

  • DICTADO: Lee atentamente las instrucciones de la página 1a y recuerda que no hace falta que tengas en cuenta el punto 4.
  • EL GRUPO NOMINAL: Antes de empezar con los ejercicios refresca las ideas con las láminas 1a, 1b y 1c. En los ejercicios 1h, 2m, 2n y 2o la corrección la haremos los profes, no SNAPPET. Recuerda leer varias veces el enunciado y empezar con mayúscula y terminar con punto cada uno de los grupos nominales que escribas. Te dejamos un ejemplo:

                                     EJEMPLO 1:  Las antiguas pirámides egipcias.

                     EJEMPLO 2:  Unas enormes y ancestrales pirámides.



martes, 12 de mayo de 2020

SNAPPET MARTES 12 DE MAIO

Bos días!

Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado MARTES 5 , pero seguen activas as do XOVES 7.


Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:



MATEMÁTICAS

  • REPASO: Unhas actividades de repaso de todo o que practicamos con Snappet ata o de agora.
  • EXAMEN: Aquí atoparás 10 actividades que che recomendamos facer con moita calma, amodiño e con boli e papel para axudarte. Recomendamos que fagas en papel e despois o pases a Snappet. Lembra que tes toda a semana para facelo. Se tes algunha dúbida antes de comezar ou mentras o estás a facer pregunta polo chat. Pódese realizar en varios días.

LINGUA  GALEGA
  • A GHEADA: É importante que leas con atención as primeiras láminas de información.
  • O SESEO: É importante que leas con atención as primeiras láminas de información.


Para calquer dúbida xa sabes...    



viernes, 8 de mayo de 2020

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS!!

BOAS RAPAZADA! 

Recordade que hoxe non lanzaremos propostas dende a titoría, así que  teredes máis tempo para visitar o blog dos especialistas e mirar se está todo ao día! Iso sí.. estamos a preparar... AS LETRAS GALEGAS, así que presta antención...

Aquí tedes enlaces aos blogs e tarefas así como os correos dos profes.


BLOG DE MÚSICA     Mail de contacto carlosabraira@edu.xunta.es

BLOG DE INGLÉS     Mail de contacto bicodara@gmail.com

TAREFAS DE FRANCÉS (final da páxina) 
Mail de contacto  ma.luisaoliveira@edu.xunta.es  

Lembra activar o teu corpo cada día un pouquiño coas propostas de EDUCACIÓN FÍSICA.

📢📢   DIA DAS LETRAS GALEGAS!📢📢

Queremos ir preparando o día das nosas letras, DAS LETRAS GALEGAS así que presta atención Carcamán!

O 17 de Maio é o Día das Letras Galegas. Aínda que falta un pouco para o día,  ocorreúsenos unha actividade para festexalo e encher as nosas casas e tamén a Revista Escolar, de palabras en galego.

Para iso, pedímosvos que fagades unha palabra decorada, frase ou debuxo relacionado co Día das Letras Galegas ou con Ricardo Carvalho Calero que é o escritor ao que se lle adica este ano.

Despois facédevos unha foto (en horizontal) co traballo e mandadea ao correo sextotorreilla2020@gmail.com. Faremos un vídeo moi chulo con todas as que cheguen e aproveitaremos as imaxes para a Revista Carcamán deste ano.



As fotos teñen que enviarse como data límite o día 12 de maio.




Se queredes coñecer un pouco a historia de Ricardo Carvalho e divertirvos facendo pasatempos sobre o Día das Letras Galegas premede na imaxe.


MOI  FELIZ  FIN DE SEMANA  A  TODA  TODOS



jueves, 7 de mayo de 2020

SNAPPET XOVES 7 DE MAIO

Bos días RAPAZADA!


Hoxe toca lanzar actividades relacionadas coa nosa plataforma SNAPPET pero antes.....



Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado  XOVES 30, pero seguen activas as MARTES 5 DE MAIO.






📝   📝  Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:📝  📝

MATEMÁTICAS   💭💭

  • PROBLEMAS: Fai os problemas na libreta tal como facemos no cole, paso a paso, cos seus datos, operación e solución,  logo simplemente coloca o resultado na plataforma!

LENGUA CASTELLANA   📖  📖

  • GRAMÁTICA: El artículo.

  • GRAMÁTICA: El adjetivo.

  • ORTOGRAFÍA: Acentuación de hiatos. Lee  atentamente os exercicios de explicación 1a e 1b, serviranche para poder realizar o resto de actividades!

IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro XOVES 14 DE MAIO.

                              

  MOITO ÁNIMO!!!💪💪💪





martes, 5 de mayo de 2020

MARTES 5 DE MAIO - SNAPPET

Bos días!

Lembra que hoxe desaparecen do teu perfil SNAPPET as tarefas que lanzamos o pasado MARTES 28, pero seguen activas as do XOVES 30.


Aquí van as tarefas de hoxe, toma nota para organizarte:



MATEMÁTICAS

  • Números romanos. Atentos e atentas ás explicacións do comezo para refrescar ideas.
  • Cálculo. É un repaso xeral do traballado estes últimos días. Se precisas axuda coas divisións con divisor de 3 cifras temos un par de vídeos preparados, pídeos por mail ou polo chat e facémoschos chegar.
LINGUA GALEGA

  • Expresión escrita: A recensión. Con estas actividades aprenderás a escribir recensións, textos nos que se fai un análise crítico dun libro, cómic, película, videoxogo, etc. OllO, os exercicios 1i e 2k son idénticos, soamente terás que facelo unha vez. Poderás elaborar a túa recensión sobre un libro, cómic ou película, máis abaixo deixamos unhas táboas para axudarte a ordear e presentar o teu texto. Unha vez teñas rematado o texto envía o teu arquivo a sextotorreilla2020@gmail.com para que o publiquemos nesta entrada. Lembra que se o fas en WORD debes empregar letra Arial ou gardalo en PDF antes de envialo, se decides facelo a man envíanos unha foto.

OllO, o texto ten que estar escrito en LINGUA GALEGA, revisa co dicionario e axúdate co tradutor.



IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro MARTES 12/05/2020.


RECENSIÓNS !!!!


MIGUEL 6ºA          DANIEL 6ºB            JORGE 6ºB           AITOR 6ºB          ALMA 6ºB   

ASIER 1 6ºB          ASIER 2 6ºB              UNAI 6ºA           DIEGO 6ºB.            XIANA 6ºA

YAGO 6º A            IKER 6ºB                 SARA 6ºB              YAGO 6º A             KIARA 6ºA

JAVI 6ºB               ESTELA 6ºB             MANUEL N. 6ºB