BOAS RAPAZADA!
Recordade que hoxe non lanzaremos propostas dende a titoría, así que teredes máis tempo para visitar o blog dos especialistas e mirar se está todo ao día! Iso sí.. estamos a preparar... AS LETRAS GALEGAS, así que presta antención...
Aquí tedes enlaces aos blogs e tarefas así como os correos dos profes.
BLOG DE INGLÉS Mail de contacto bicodara@gmail.com
Aquí tedes enlaces aos blogs e tarefas así como os correos dos profes.
BLOG DE MÚSICA Mail de contacto carlosabraira@edu.xunta.es
BLOG DE INGLÉS Mail de contacto bicodara@gmail.com
Lembra activar o teu corpo cada día un pouquiño coas propostas de EDUCACIÓN FÍSICA.
📢📢 DIA DAS LETRAS GALEGAS!📢📢
Queremos ir preparando o día das nosas letras, DAS LETRAS GALEGAS así que presta atención Carcamán!
O 17 de Maio é o Día das Letras Galegas. Aínda que falta un pouco para o día, ocorreúsenos unha actividade para festexalo e encher as nosas casas e tamén a Revista Escolar, de palabras en galego.
Para iso, pedímosvos que fagades unha palabra decorada, frase ou debuxo relacionado co Día das Letras Galegas ou con Ricardo Carvalho Calero que é o escritor ao que se lle adica este ano.
Despois facédevos unha foto (en horizontal) co traballo e mandadea ao correo sextotorreilla2020@gmail.com. Faremos un vídeo moi chulo con todas as que cheguen e aproveitaremos as imaxes para a Revista Carcamán deste ano.
As fotos teñen que enviarse como data límite o día 12 de maio.
Se queredes coñecer un pouco a historia de Ricardo Carvalho e divertirvos facendo pasatempos sobre o Día das Letras Galegas premede na imaxe.
MOI FELIZ FIN DE SEMANA A TODAS E TODOS
Hola son Alba de 6°B e creo que non bos chegou o meu correo do debuxo do día das letras galegas
ResponderEliminarBoas Alba!! Chegou, chegou😍 Chulísimo artista!!
ResponderEliminar