Comezamos este blog para seguir en contacto e avanzar nas nosas aprendizaxes durante estas semanas. Ánimo!!!!
Para moitos xogos precisarás ter instalado e activado FLASH PLAYER, aquí tes unha axuda para facelo https://helpx.adobe.com/es/flash-player.html
Hoxe é o último venres de especialidades, contacta coas mestras e mestres especialistas para asegurarte de que estás ao día e comezar a pechar o curso.
Hoxe o Capitán e Capitana Planeta enviáronnos información sobre diferentes países da Unión Europea polos que estiveron dando unha voltiña.
Coa axuda das pistas que dan nas preguntas do cuestionario e a información das fichas que tedes feitas en VIAXE POLA UNIÓN EUROPEA... Conseguirás averiguar todos os destinos nos que estiveron??
Agora é preciso saber se temos todos os traballiños do último bloque de SOCIAIS entregadas: provincias, comunidades autónomas e Unión Europea. Por iso esta semana deberedes mirar se tedes as tarefas fundamentais de SOCIAIS ao día.📚
Para elo deixámosvos a continuación as 4 tarefas fundamentais que debedes ter entregadas:
Esta semana comezamos …… Viaxando pola Unión Europea!
Unha vez coñecidos os países da Unión Europea é o momento de darnos unha volta por algún destes países, así que......Comezamos coa Proposta!!!!!
RECORDA!!!💭💭💭💭
UNIÓN EUROPEA: Trátase dunha organización de 27 países europeos .
PROPOSTA!!!!📝📝
O que debes facer é elexir un país da Unión Europea onde che gustaría aterrar e buscar a información sobre el. Para iso dámosche unha ficha para completar os datos importantes que debes buscar!
Estas semanas estivemos facendo repaso do noso territorio próximo, así como a organización do territorio en España.Pois agora imos ver como se organiza o noso continente e máis concretamente a Unión Europea.
EXPLICACIÓN 👀 👀
É importate distinguir:
EUROPA: É un continente como o éAmérica, África, Asia u Oceanía. Europa está formado por 50 países.
UNIÓN EUROPEA: Trátase dunha organización de 27 países europeos (dentro dos 50).
Bótalle un ollo a este vídeo, nel explícase como se fundou o que hoxe coñecemos como Unión Europea.
Tamén podes leer as páxinas: 128129130 do teu libro.
PRÁCTICA💪 💪
Agora toca practicar un pouco sobre a localización destes países . Aquí tes varios xogos para practicar. Serán moi útiles para poder facer a proposta de hoxe.
Neles tes a opción de mirar e estudiar para logo practicar e conseguir a máxima puntuación.
Agora que xa refrescaches as ideas poderás realizar a seguinta tarefa.
O COVID19 é unha pandemia que está a afectar en gran medida a todos os países membros da Unión Europea así que realizaremos un mapa analizando de que xeito afectou o coronavirus nestes 27 países.
PASOS A REALIZAR:
1 - Situa no mapa (poñer os nomes)os 27 países da Unión Europea (recorda que actualmente Reino Unido saíu desta unión). PREME AQUÍ MAPA EUROPA
2- Colorea os países tendo en conta o seguinte código de cores e a táboa de datos de casos de COVID-19:PREME AQUÍ TÁBOA DATOS
PAÍSES CON MÁIS DE 200.000 CASOS DE COR VERMELLO
PAÍSES ENTRE 100.000 E 200.000 CASOS DE COR LARANXA
PAÍSES ENTRE 10.000 E 100.000 CASOS AMARELO
PAÍSES DE MENOS DE 10.000 CASOS DE COR VERDE
Cando remates envíao para que o publiquemos a sextotorreilla@gmail.com
COMENZAN A CHEGAR OS PRIMEIROS MAPAS DA UNIÓN EUROPEA E O COVID-19