Estas semanas estivemos facendo repaso do noso territorio próximo, así como a organización do territorio en España. Pois agora imos ver como se organiza o noso continente e máis concretamente a Unión Europea.
EXPLICACIÓN 👀 👀
É importate distinguir:
EUROPA: É un continente como o é América, África, Asia u Oceanía. Europa está formado por 50 países.
UNIÓN EUROPEA: Trátase dunha organización de 27 países europeos (dentro dos 50).
Bótalle un ollo a este vídeo, nel explícase como se fundou o que hoxe coñecemos como Unión Europea.
PRÁCTICA💪 💪
Agora toca practicar un pouco sobre a localización destes países . Aquí tes varios xogos para practicar. Serán moi útiles para poder facer a proposta de hoxe.
Neles tes a opción de mirar e estudiar para logo practicar e conseguir a máxima puntuación.
PROPOSTA 😎😎
Agora que xa refrescaches as ideas poderás realizar a seguinta tarefa.
O COVID19 é unha pandemia que está a afectar en gran medida a todos os países membros da Unión Europea así que realizaremos un mapa analizando de que xeito afectou o coronavirus nestes 27 países.
PASOS A REALIZAR:
1 - Situa no mapa (poñer os nomes) os 27 países da Unión Europea (recorda que actualmente Reino Unido saíu desta unión). PREME AQUÍ MAPA EUROPA
2- Colorea os países tendo en conta o seguinte código de cores e a táboa de datos de casos de COVID-19: PREME AQUÍ TÁBOA DATOS
PAÍSES CON MÁIS DE 200.000 CASOS DE COR VERMELLO
PAÍSES ENTRE 100.000 E 200.000 CASOS DE COR LARANXA
PAÍSES ENTRE 10.000 E 100.000 CASOS AMARELO
PAÍSES DE MENOS DE 10.000 CASOS DE COR VERDE
Cando remates envíao para que o publiquemos a sextotorreilla@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.