Hoxe o Capitán e Capitana Planeta enviáronnos información sobre diferentes países da Unión Europea polos que estiveron dando unha voltiña.
Coa axuda das pistas que dan nas preguntas do cuestionario e a información das fichas que tedes feitas en VIAXE POLA UNIÓN EUROPEA... Conseguirás averiguar todos os destinos nos que estiveron??
Agora é preciso saber se temos todos os traballiños do último bloque de SOCIAIS entregadas: provincias, comunidades autónomas e Unión Europea. Por iso esta semana deberedes mirar se tedes as tarefas fundamentais de SOCIAIS ao día.📚
Para elo deixámosvos a continuación as 4 tarefas fundamentais que debedes ter entregadas:
1. MAPA DESESCALADA DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS. Preme para ir a entrada directamente e mirar se o tes entregado.
2. MAPA UNIÓN EUROPEA E O COVID-19. Entra e verás se estás o día con este mapa.
3. VIAXE POLA UNIÓN EUROPEA . Preme e verás se o traballo está na entrada.
4. CUESTIONARIO PAISES VISITADOS POR O CAPITÁN E CAPITANA PLANETA. Entra no cuestionario e preme en ENVIAR cando o remates.
Teredes ata o venres 12 para poñervos ao día (incluído o cuestionario), mandando aquelo que teñades atrasado a sextotorreilla2020@gmail.com
XA ESTAMOS REMATANDO, ÚLTIMO ESFORZO RAPAZADA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.