Hoxe xa non poderás acceder ás tarefas do pasado MARTES 2 DE XUÑO pero lembra que aínda tes dous días para rematar as do XOVES 4 DE XUÑO, antes de nada entra a esas actividades para comprobar que estás ao día e comproba os resultados dos exercicios do EXAME DE POTENCIAS, RAÍCES E EXPRESIÓNS POLINÓMICAS.
Agora si, anota as novas actividades e mans á obra:
MATEMÁTICAS
- Mínimo común múltiplo. OllO, moi atentos ás láminas 1a-b-c-d-e-f onde explica que é e como se calcula.
- Máximo común divisor. Aquí tamén atoparás a explicación nas láminas iniciais, non pases por elas como un foguete.
No seguinte vídeo atoparás unha explicación sobre o cálculo do m.c.d. baseado na resolución dunha situación real:
Un vídeo máis, neste atoparás unha explicación sobre o cálculo do m.c.m. tamén baseado na resolución dunha situación real:
LINGUA GALEGA
É MOI IMPORTANTE que leades con atención e tomedes apuntes ou elaboredes esquemas das primeiras láminas onde se explican os contidos, así será máis sinxelo despois realizar os exercicios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.