martes, 21 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL: SNAPPET (linguas e matemáticas).

Bo día a tod@s!

Hoxe comezades a traballar con SNAPPET. Esta mañá enviamos, através de ABALAR, os vosos usuarios e contrasinais, queremos lembrarvos que NON SE PODEN CAMBIAR. 

Supoño que todo o mundo lle botou un ollo ao titorial que mandamos onte no que explicamos como acceder á plataforma. Se non o miraches aquí vai: 


Para que xa hoxe empeces a practicar e traballar con SNAPPET mira este 2º vídeo no que explicamos como empezar a traballar na plataforma:


Agora xa estades list@s para comezar a practicar. Aquí vai a lista de tarefas, se queres podes escribila nun papel para tela a man cando estés traballando:


MATEMÁTICAS

- ESCRIBIR NÚMEROS HASTA 9 CIFRAS: bloque 1 explicación e bloque 2 práctica, non fagas o bloque 3 refuerzo.

- ORDENAR NÚMEROS DE HASTA 9 CIFRAS: bloque 1 explicación e bloque 2 práctica, non fagas o bloque 3 refuerzo.

Lembrade que se queredes seguir practicando de xeito voluntario tedes que premer en "+ Seguir trabajando en el objetivo de aprendizaje"

Cando escribas números lembra poñer os puntos. Exemplo: 

                                                         incorrecto       correcto

                                                           12539             12.539



LINGUA GALEGA

- COMPRENSIÓN LECTORA "COS PÉS NO AIRE": Despois de ler o texto realiza TODOS os exercicios, o último (exercicio 2m) non se corrixe de xeito automático, somos os profes os que revisamos e correximos cando o vexamos.

OllO coa ortografía cando escribas.


Lembrade que se queredes seguir practicando de xeito voluntario tedes que premer en "+ Seguir trabajando en el objetivo de aprendizaje"

IMPORTANTE: Tes unha semana enteira para facer as tarefas, desaparecerán da túa plataforma o vindeiro MARTES 28/04/2020.

ADIANTE!!  Se tes dúbidas non te preocupes, hai un chat para preguntarnos aos profes, busca o símbolo na esquina inferior dereita na túa pantalla. Se nese momento estamos conectados responderemos, se non o estamos terás unha resposta máis tarde.

ACCESO AO CHAT CO PROFESOR

3 comentarios:

  1. Hola son Alba de 6°B e ao entrar no snappet non me deixa poñer o nome de usuario e a contraseña

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bo día Alba! Vouche a mandar un mail explicándoche paso a paso a forma de entrar na túa conta. Nuns minutos recibiralo. Fátima

      Eliminar
    2. Boas Alba! Xa mandei o correo.

      Eliminar

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.