lunes, 20 de abril de 2020

COMO ENTRAR EN SNAPPET?

Bo día carcamáns! 

Esta semana ven cargada de NOVIDADES, xa o adiantamos o pasado venres na entrada que publicamos sobre o "HORARIO" para esta semana. A principal novidade é que empezaremos a traballar coa plataforma SNAPPET. 

Imos a ir pouquiño a pouco, así que hoxe queremos que vexades un pequeno titorial para que mañá, cando mandemos os usuarios e claves de acceso a cada un/unha a través de ABALAR, teñades claro como entrar ao voso perfil. Premede no logo para ver o vídeo:




Mañá lanzaremos aos vosos SNAPPET tarefas moi sinxelas para que vos vaiades familiarizando coa plataforma, no blog teredes tamén outro vídeo titorial para aprender a moverse e facer tarefas dentro de SNAPPET. 

Estamos seguros que vai a ser unha ferramenta de 10!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.