viernes, 17 de abril de 2020

HORARIO PARA A SEMANA DO 20 - 24 DE ABRIL

Boa tarde familias! 


Queriamos agradecer a información que recibimos a través das vosas enquisas sobre teleformación, no enlace poderedes acceder aos datos xerais da recollida e facervos unha idea da variedade de situacións que existen. Importante aclarar que os datos corresponden soamente ás enquisas contestadas, en total recibimos 34 respostas, de novo MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


Esta semana teremos lanzamentos diarios pero soamente nos centraremos nunha área cada día, é dicir, haberá propostas diarias pero máis reducidas. Ademais empezaremos a traballar cunha nova plataforma os MARTES  e XOVES, esta plataforma chámase SNAPPET, os profes estamos recibindo formación sobre o seu uso e parécenos unha ferramenta estupenda por distintos motivos:


O alumnado traballará nun entorno cun deseño moi simple e sinxelo polo que case non consume datos. Vemos nas enquisas que hai casas sen conexión ADSL que usan os datos móbiles para o traballo do alumnado, nestes casos o consumo de datos de SNAPPET é moi reducido.

Non precisaredes instalar NADA en ningún dispositivo, soamente se necesita unha conexión móbil ou ADSL. A plataforma é accesible dende teléfono móbil, tablet ou ordenador.


O manexo por parte do alumnado é moi intuitivo, ademais estamos a elaborar vídeos tutoriais para aprender a traballar con SNAPPET.


As tarefas de cada asignatura terán unha parte común para todos e todas, pero ao rematar ese traballo común o alumnado que queira seguir practicando  poderá continuar con ACTIVIDADES EXTRA VOLUNTARIAS. Deste xeito damos resposta ás familias que nos piden máis cantidade de exercicios.


Os profes poderemos facer un seguimento moi minucioso dos progresos de cada alumno/a porque na nosa plataforma de traballo temos acceso a todas as actividades que desenvolve o alumnado e o grado de consecución e progreso. 

O alumnado ten unha corrección inmediata de cada exercicio, iso significa que saberá cal é o seu nivel de desenvolvemento a tempo real.

O máis importante, estamos seguros que será moi pero que moi útil para tod@s.


Se queredes ir curioseando un pouco entrade na web   





Ben,  agora aquí vai o horario de lanzamento de novas propostas para a vindeira semana:


LUNS 20 (blog): Propostas de CIENCIAS SOCIAIS, é importante que te poñas ao día con todo o lanzado ata o de agora para continuar, lembra que no blog está todo gardado e accesible. 

Tamén publicaremos un vídeo explicando como acceder á plataforma SNAPPET por parte do alumnado.


MARTES 21 (Snappet): Propostas de MATEMÁTICAS e LINGUAS.


Este día mandaremos por ABALAR o usuario e contrasinal do alumnado para acceder a Snappet. IMPORTANTE, tanto usuario como contrasinal para SNAPPET serán individuais e non se poderán modificar.


MÉRCORES 22 (blog): Propostas de CIENCIAS NATURAIS, é importante que te poñas ao día con todo o lanzado ata o de agora para continuar, lembra que no blog está todo gardado e accesible. 


XOVES 23 (Snappet): Propostas de LINGUAS e MATES.


VENRES 24 (blog): Propostas GLOBALIZADAS, (lectura, escritura, pequena investigación, búsqueda de información, reto matemático, ...).


Aínda que os lanzamentos sexan diarios poderedes resolver e planificar ao voso gusto, as únicas propostas que teñen unha "data de caducidade" son as de SNAPPET, en cada unha avisaremos do tempo que hai para realizalas, pasado ese tempo desaparecerán da plataforma do alumnado.



Isto é todo, esperamos que sigades con moito moitísimo ánimo.

Alejandro e Fátima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.