lunes, 20 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAS LUNS 20 DE ABRIL

Bo día rapazada! 



Antes de comezar entra na proposta de MATES DO PASADO VENRES , deixamos en comentarios as solucións dos exercicios do libro para que poidas correxir.




Queres comprobar que estás ao día con CIENCIAS SOCIAIS? Preme NESTE ENLACE para revisar todo o que levamos traballado ata o de agora no blog. 

Hoxe precisarás manexar algunha información sobre o relevo de España e as súas costas porque vas a axudar a deseñar o percorrido da Volta Ciclista a España. Eres o encargado de facer un mapa da ruta para os ciclistas. Anímaste? Seguro que a canción de Arkano "Otro intento más" sirve para motivarte a tope neste traballo.




Ben, xa dixemos que para elaborar esta tarefa precisarías ter clara a información sobre o relevo e costas de España do teu libro: as páxinas da 20 á 27. Se premes no logo LA VUELTA CICLISTA A ESPAÑA verás o que tes que facer como encargad@ do mapa do percorrido.



Abre a FICHA DE TRABALLO para elaborar o mapa co percorrido para os corredores. 

Ás 14:00 deixaremos a solución en comentarios.


1 comentario:

  1. Aquí van os enlaces para a táboa e o mapa de percorrido:

    TÁBOA https://drive.google.com/file/d/1cU56kp_EuasqGZsXZih93qHgwMB_32_f/view?usp=sharing

    MAPA https://www.thinglink.com/scene/1308737082214055938

    Lembra que non son accesos directos, tes que copiar e pegar no navegador.

    ResponderEliminar

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.