martes, 16 de junio de 2020

MARTES CIENTÍFICO

Moi bo día xentiña!

A proposta de hoxe require que nos poñamos bata branca e montemos un pequeno laboratorio científico na casa.


QUE MATERIAL PRECISARÁS? 

Nada raro, seguro que atopas pola casa todo o necesario.

- 1 Recipiente transparente con capacidade para, polo menos, medio litro de auga.
- 1 Ovo sen cocer.
- Azucre.
- Sal.
- Auga.
- Culler sopeira.
- Papel e boli.
- Cámara de fotos.
- FICHA DE REXISTRO.

O EXPERIMENTO TEN TRES FASES:

PASO A PASO DA 1ª FASE:

1º Enche o recipiente con medio litro de auga.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado que non rompa.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: AUGA.
6º Saca o ovo con coidado do recipiente.

PASO A PASO DA 2ª FASE:

1º Introduce no recipiente, que xa ten 1/2 litro de auga, 5 culleradas sopeiras de azucre e remexe ata que se disolva.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: AZUCRE.
6º Saca o ovo, baleira a mestura de auga + azucre e lava un pouco o vaso con auga.

PASO A PASO DA 3ª FASE:

1º Introduce no recipiente 1/2 litro de auga, 6 culleradas sopeiras de sal e remexe ata que se disolva.
Anota o que pensas que sucederá se introduces o ovo.
3º Introduce o ovo con coidado.
4º Observa e anota o que sucede.
5º Saca unha foto na que se vexa o que sucede co ovo dentro da auga e un carteliño que poña: SAL.
6º Saca o ovo, baleira a mestura de auga e lava con xabón o vaso e a culler.

ENVÍO DE RESULTADOS:

Mánda a sextotorreilla2020@gmail.com a túa ficha de rexistro e as tres fotos.

Queres saber por que sucede o que sucede? Na ficha de rexistro tes unha pista, ten que ver coa densidade, o volume e a forza de gravidade. 

CANDO REMATES de facer o experimento entra no enlace para ler a explicación:


POR QUE SUCEDE O QUE SUCEDE? 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.