miércoles, 20 de mayo de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA MÉRCORES 20 DE MAIO.

Moi bo día!

Hoxe comezará a última semana de observación do proceso de xerminación dunha semente. Se queres ver como foi o proceso dos compñeiros/as podes consultar nestes enlaces:


DÍA DE COMEZO                      1ª SEMANA

Que farás hoxe?


 Enviar unha foto das túas plantas/sementes onde se vexa o máis claramente posible a súa transformación despois de dúas semana. IMPORTANTE, vai gardando as fotografías e numerándoas (foto 1, foto 2, foto 3, ...) porque cando remate o proceso intentarás facer un collage dixital con todas as imaxes.

 Envía a táboa de observación da 2ª semana. Lembra que a deixamos na entrada do pasado mércores.

 Descargar a táboa de observación para esta 3ª semana, vai cumplimentándoa durante os días sinalados, terás que enviala o mércores da próxima semana. Preme no enlace:


Se a túa semente xa brotou e está medrando a bo ritmo, é importante que observes durante esta semana o aumento en lonxitude das raíces, o talo e as follas que xa están formadas. Observa tamén o número de novas follas que van aparecendo.

O cultivo das plantas está ligado á alimentación do ser humano dende o neolítico, pero...    Paraches algunha vez a pensar que parte das plantas estás a comer? Este cuestionario axudarache a reflexionar sobre ese tema. Preme na imaxe, responde as preguntas: 




Cando remates pincha en "ENVIAR" e comproba as túas respostas premendo en "VER LAS RESPUESTAS"




Para que non te quedes coa dúbida do envío recibirás unha notificación no correo que escribas ao principio do cuestionario. ASEGÚRATE QUE O EMAIL ESTÁ CORRECTAMENTE ESCRITO, se ten algún erro non recibirás a notificación.




Para continuar faremos unha FICHA DE CULTIVO de algunha planta que normalmente se cultiva na horta e que consumimos habitualmente. Aquí tes un exemplo, preme na imaxe para ampliar:


Para facer a túa ficha podes seguir este paso a paso:


Copia, imprime ou descarga o modelo de ficha.


Escolle o cultivo sobre o que investigarás na web PLANETA HUERTO. Escolle a planta que queiras menos as fabas, esa ficha xa está feita.

Estas webs tamén serán unha boa axuda:



Podes facer a túa ficha a man ou no ordenador, ti decides, pero fagas como o fagas terás que enviala (foto ou arquivo) a sextotorreilla@gmail.com .


Resume de envíos desta entrada:

1.- Foto de hoxe do teu proceso de xerminación.
2.- Táboa de observación da 2ª semana.
3.- Cuestionario (o envío é automático se cando remates premes ENVIAR).
4.- Ficha de cultivo.


GALERÍA  DE  OBSERVACIÓN


AITOR 6ºB


DANI 6º A


Se durante esta semana as túas sementes non xerminaron ou podreceron pode ser por moitas causas (exceso ou escasez de humidade, falta de luz, sementes defectuosas, ...), independentemente do motivo o mellor que podes facer é comezar de novo e intentalo con novas sementes, como fixo MANUEL OTERO:













JORGE 6ºB



















SABELA  6ºA


















                                                              
CARLA 6º A






















XIANA 6ºA


ALMA 6ºB


DANI 6ºB


SILVIA 6º A



















UNAI 6º A
























YAGO 6ºA




SARA 6ºB






ASIER 6ºB









MANU N 6ºB




JAVI 6ºB
































KIARA 6ºA

























LUCAS 6ºA









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.