3, 2, 1... MEDRAMOS!!
Mira este vídeo no que verás como xermina unha semente de faba ata transformarse en planta:
Mira este vídeo no que verás como xermina unha semente de faba ata transformarse en planta:
O que che propoñemos hoxe é que experimentes un proceso similar cunha semente de faba, recomendamos a faba ou xudía porque teñen un bo tamaño e será mellor para apreciar os cambios que suceden na xerminación e desenvolvemento ata transformarse en planta.
Isto é o que sucederá coa túa semente:
XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE
QUE PRECISAS?
- Varias sementes de xudía ou faba.
- Algodón.
- Un tarro ou vaso de cristal.
- Auga.
- Táboa de observación.
PROCEDEMENTO DA EXPERIENCIA:
1º "Fai a cama para a semente" cubrindo o fondo do vaso con algodón, máis ou menos que suba 2 dedos.
2º Humedecemos o algodón, pero non o encharcamos, se o facemos cunha culler pequena ou cun pulverizador será máis sinxelo controlar a cantidade e non pasarnos.
3º Coloca unha semente sobre o algodón.
4º Cubre a semente cunha pequena capa de algodón que tamén mollarás.
5º Coloca o recipiente nun lugar luminoso e gardado do frío.
6º Cada día terás que comprobar que o algodón mantén a humidade pero OllO, controla a cantidade para non encharcar.
7º Cada 3 días terás que facer unha observación de cambios e cubrir a túa táboa. Aquí tes un modelo de táboa e unha guía para cubrir esa táboa.
Cada mércores enviarás por mail unha foto da túa semente para que vexamos como está a medrar, tamén enviarás a táboa de observación semanal, esta é a táboa de observación desta 1ª semana. O vindeiro mércores publicaremos a táboa da 2ª semana.
Hoxe soamente tes que mandar a foto do teu vaso preparado listo para empezar o proceso, o próximo mércores enviarás a foto dese día e a táboa de observación que comezarás a cubrir hoxe.
Para rematar vas a informarte sobre o reino das plantas, a fotosíntese e as plantas con flores:
O REINO DAS PLANTAS
A FOTOSÍNTESE
Páxina 71 do libro de NATURAIS: As plantas con flores.
XERMINACIÓN (DÍA 1)
ALBA 6ºB |
BRAIS 6ºA
YAGO 6º A
LOLA 6º A
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.