Seguro que despois dunha semana as vosas sementes comezaron a brotar. Observa estes aspectos:
Abriu o cotiledón? Podes ver xa o hipocotilo? E a radícula? Apareceron xa as follas primarias?
Se aínda non comezaches co teu proceso de xerminación vai a entrada do pasado MÉRCORES 6 DE MAIO para comezar.
Hoxe terás que:
1º Sacar e enviar unha foto das túas sementes onde se vexa o máis claramente posible a súa transformación despois dunha semana. IMPORTANTE, vai gardando as fotografías e numerándoas (foto 1, foto 2, foto 3, ...) porque cando remate o proceso intentarás facer un collage dixital con todas as imaxes.
2º Rematar de completar a táboa de observación da 1ª semana. Lembra que a deixamos na entrada do pasado mércores.
3º Descargar a táboa de observación para esta 2ª semana, vai cumplimentándoa durante os días sinalados, terás que enviala o mércores da próxima semana. Preme nos enlaces:
Imos a continuar un pouquiño repasando información sobre as plantas. Aquí vai un paso a paso do que tes que facer:
1º Refresca o que xa sabes facendo esta ficha sobre as partes dunha planta. Non é preciso que a envíes, soamente comproba as respostas premendo en TERMINADO.
Partes dunha planta, una ficha interactiva de zapdocente
liveworksheets.com
liveworksheets.com
2º Imos a centrarnos nas follas, xa sabes que xunto coas raíces son unha parte fundamental da planta porque nelas prodúcese a FOTOSÍNTESE. Lembras o que é a FOTOSÍNTESE? Podes lembralo na páxina 51 do teu libro e tamén neste vídeo.
3º Continuamos aprendendo as partes dunha folla:
4º Seguro que moitas veces observaches que as follas son moi distintas entre si, por exemplo, unha folla de carballo é moi diferente a unha folla de piñeiro. La lámina verás que para clasificar unha folla temos que observar: a súa forma, o seu borde e o número de limbos. Se queres ampliar e ver mellor a lámina podes premer nela.
6º TAREFA FINAL: Aproveitando que xa podemos saír a pasear aproveita nunha das túas saídas e recolle algunhas follas para clasificalas. Recolle un mínimo de 3 follas de diferentes especies de árbores, por suposto podes recoller máis de 3. Unha vez que as teñas na casa observarás a forma do limbo e o borde para facer unha clasificación.
Para que a clasificación sea ordeada e clara empregarás unha táboa como guía. Lembra que a poder facer do tamaño que queiras. Cando remates envíanos o documento ou foto da túa tarefa.
Resumo dos envíos que tes que facer cando os teñas rematados:
- Foto de hoxe da túa semente.
- Táboa de observación da 1ª semana.
- Tarefa de recollida e clasificación de, polo menos, 3 follas diferentes especies.
Lembra comezar a táboa de observación da 2ª semana, pedirémosche que a envíes o seguinte mércores.
🌱🌱SEMENTES DESPOIS DUNHA SEMANA!!!!🌱🌱
DANI 6º A
ALMA 6ºB (semente + táboa de observación da 1ª semana)
ASIER 6ºB
MANU O. 6ºB
MANU P. 6ºB
CARLA 6º A ( semente + táboa de observación 1ª semana)
MIGUEL 6º A
JAIRO 6º A
SABELA 6º A ( semente + táboa de observación 1ª semana)
UNAI 6ºA ( semente + táboa de observación 1ª semana)
SILVIA 6º A
DANI 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
CYNTHIA 6ºB
SARA 6ºB
JORGE 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
LUCAS 6º A
KIARA 6º A
JAVI 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
MANU N. 6ºB (semente + táboa de observación 1ª semana)
YAGO 6º A (semente + táboa de observación 1ª semana)
NOA 6ºA
IKER 6ºB
MIGUEL 6º A
JAIRO 6º A
UNAI 6ºA ( semente + táboa de observación 1ª semana)
SILVIA 6º A
DANI 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
CYNTHIA 6ºB
SARA 6ºB
AITOR 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
JORGE 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
LUCAS 6º A
KIARA 6º A
JAVI 6ºB ( semente + táboa de observación 1ª semana)
MANU N. 6ºB (semente + táboa de observación 1ª semana)
YAGO 6º A (semente + táboa de observación 1ª semana)
NOA 6ºA
IKER 6ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.