Moi bos días!
Hoxe rematamos o experimento de xerminado dunha semente. Lembras?
Hoxe rematamos o experimento de xerminado dunha semente. Lembras?
A proposta para finalizar é a seguinte:
1º Saca a última foto, a 4ª xa, e envíanola xunto coa táboa de observación desta última semana.
2ª ESTE PASO É VOLUNTARIO PERO ESTARÍA XENIAL QUE TE ANIMARAS A FACELO. Recopila as 4 fotos do proceso (as dos 3 días anteriores máis a que sacarás hoxe) e fai un "collage" dixital. Podes usar https://foto-collage.es/hacer-foto-collage/ pero por suposto podes empregar tamén a APP ou web que queiras. Se te animas a facelo envía o teu collage a sextotorreilla@gmail.com .
3º Se a túa plantiña xa medrou uns 10 cm máis ou menos e ten de 2 a 4 follas é o momento de transplantala a unha maceta ou ao exterior, neste enlace poderás saber todo o que necesitas para facelo: https://www.jardineriaon.com/habas.html
CONTINUAMOS CO REINO DAS PLANTAS
Para seguir profundizando nos seres vivos, especialmente nas plantas, imos a dar un paseo polo Parque Natural do Carreirón e os seus ecosistemas. Se queres saber un pouquiño máis sobre O Carreirón preme na imaxe:
Unha das especies máis importantes do reino das plantas que podemos atopar no Carreirón, ademais dos fermosos piñeiros, é o CARDO LEITEIRO (Silybum marianum). Preme na imaxe para ver máis fotos desta planta:
Pero no Carreirón, igual que noutros espazos naturais, está a ser cada vez máis habitual a proliferación de plantas invasoras que ameazan os ecosistemas autóctonos. No Carreirón hai dende anos unha loita contra dúas especies invasoras, a UÑA DE GATO e a MARGARIDA AFRICANA. Preme nas imaxes para saber máis destas plantas:
MARGARIDA AFRICANA
UÑA DE GATO
Ben pois despois de toda esta aproximación ao reino das plantas no Carreirón aquí ven A TAREFA de hoxe:
Esta é unha tarefa VOLUNTARIA porque implica saír da casa e aínda que é posible facelo porque estamos en FASE 2 non todo o mundo se sinte cómodo saíndo á rúa. Se pensades que agora non é o momento e preferides esperar á FASE 3 para levar a cabo esta tarefa entenderémolo perfectamente.
Esta é unha tarefa VOLUNTARIA porque implica saír da casa e aínda que é posible facelo porque estamos en FASE 2 non todo o mundo se sinte cómodo saíndo á rúa. Se pensades que agora non é o momento e preferides esperar á FASE 3 para levar a cabo esta tarefa entenderémolo perfectamente.
Convidámosvos a que poñades as zapatillas, roupa cómoda, unha gorra e percorrades o sendeiro dos Pilros que rodea o Carreirón pero poñendo especial atención nas distintas especies de plantas que vaiades atopando. Preme na imaxe para ver a ruta:
Aquí tedes a táboa que iredes cubrindo no voso paseo: TÁBOA DE OBSERVACIÓN
ALGÚNS CONSELLOS
Antes de saír organiza ben a ruta, os lugares polos que tes que pasar e as plantas a observar, todo está na táboa de observación. Para iso recomendamos que descarguedes a táboa e a leades con atención. Preguntade se tedes algunha dúbida.
Podes precisar algo de material durante a ruta, asegúrate que levas todo o que precisas (auga, gorra, mascarilla, crema solar, cámara de fotos, táboa e algo para anotar).
Asegúrate revisando esta entrada ou investigando na web que tes unha imaxe clara das plantas que tes que observar, todas as da táboa.
PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES
Podo facer a tarefa en grupo?
Mellor non, estamos en FASE 2 así que será mellor que a fagas en familia.
Que temos que enviar por mail despois da ruta?
- Táboa de observación.
- 5 fotografías, unha de cada especie das que aparecen na táboa.
- OPCIONAL, unha foto no punto de inicio ou final da ruta.
Esperamos os vosos mails :-)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.