lunes, 27 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS LUNS 27 DE ABRIL

BOS DÍAS!

Xa sabedes que rematamos de estudiar o relevo e as costas de España. Estás ao día?

O RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA.

O RELEVO DA PENÍNSULA E OS PRINCIPAIS ARQUIPÉLAGOS DE ESPAÑA.

AS COSTAS DE ESPAÑA.

TAREFA: A VOLTA CICLISTA E ESPAÑA.




A proposta de hoxe é facer unha actividade tipo "control" para asegurarnos que manexamos toda a información traballada ata o de agora. Para isto creamos este cuestionario no que terás que reponder a 15 cuestións sobre o relevo e costas de España.

Terás tres tipos de actividades diferentes:

CATRO PREGUNTAS TIPO TEST onde debes escoller a resposta correcta.

DEZ PREGUNTAS DE RESPOSTA LIBRE onde debes redactar ti a resposta que creas máis axeitada.

UN MAPA MUDO no que terás que situar algunhas das principais unidades do relevo de España.

O cuestionario responderalo on line, cando o remates tes que premer o botón ENVIAR. Pensa ben as túas respostas porque soamente podes enviar o cuestionario 1 vez. A actividade do mapa terás que enviala a sextotorreilla2020@gmail.com .

A esta tarefa imos a poñerlle unha data límite de entrega: LUNS 4 DE MAIO. 

Se alguén non puidese entregar a tarefa a tempo, por favor, pregámoslle que se poña en contacto con nós a través do correo para que poidamos axudar.

Aquí tedes o cuestionario:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.