domingo, 29 de marzo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS LUNS 30 DE MARZO

Boas querid@s xeógrafo@s!!



Imos a continuar a nosa viaxe polo país, nesta ocasión centrarémonos nas costas. Para comezar le toda a información das páxinas 26 e 27 do teu libro de Ciencias Sociais.





Coma sempre, se queres practicar cun mapa interactivo preme na imaxe e ponte a proba...



Agora imprime este MAPA DE ESPAÑA, se non tes impresora podes facelo a man. Sombrea co código de cor que tes a continuación as distintas liñas de costa de España:


  1. A costa cantábrica.
  2. A costa atlántica de Galicia.
  3. A costa atlántica de Andalucía.
  4. As costas atlánticas de  Canarias.
  5. A costa mediterránea de Andalucía.
  6. A costa mediterránea levantina.
  7. A costa mediterránea balear.
  8. A costa mediterránea catalá.
  9. A costa mediterránea de Ceuta e Melilla. 

Despois de colorear as liñas de costa de España, axúdate co mapa das páxinas 26 e 27 do libro ou de GOOGLE MAPS  e sitúa no mapa no que estás traballando estes puntos:
  1. Estaca de Bares.
  2. Golfo de Biscaia.
  3. Cabo Peñas.
  4. Cabo Fisterra.
  5. Ría de Arousa.
  6. Cabo Ortegal.
  7. Golfo de Cádiz.
  8. Estreito de Xibraltar.
  9. Cabo de Gata.
  10. Golfo de Almería.
  11. Cabo de Palos.
  12. Cabo de la Nao.
  13. Golfo de Valencia.
  14. Cabo de Creus.
  15. Golfo de León.
  16. Cando remates o teu mapa podes correxir entrando NESTE EXEMPLO. 


Lembra que tes toooooooooda a semana para facelo. ÁNIMO!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.