Damos comezo a unha nova semana de aprendizaxes na rede. Seguimos co relevo de España, a tarefa de hoxe é moi sinxela.
1º Descarga e imprime un destes dous mapas mudos do relevo de España.
MAPA MUDO EN COLOR MAPA MUDO EN B/N
2º Sitúa no mapa:
- A Meseta Central.
- As dúas cordilleiras interiores que atravesan a Meseta Central e a dividen en dúas submesetas.
- Os catro grupos montañosos que rodean a Meseta.
- As dúas depresións exteriores á Meseta.
- Os cinco grupos montañosos exteriores á Meseta.
3º Agora busca pola rede estes datos e sitúaos no mapa (nome e altitude):
- Pico máis alto de España.
- Pico máis alto da Península Ibérica.
- Pico máis alto de Galicia.
Xa ves, o pico máis alto de España non está no continente. Se queres saber un pouco máis das Illas Canarias, agora que temos tempiño na casa, busca un oco e bótalle un ollo a este documental.
Para rematar le ás páxinas 24-25 do teu libro e saberás máis sobre os arquipélagos de Canarias e Baleares. Remata comprobando todo o que aprendiches cos mapas interactivos que tes máis abaixo.
MAPA INTERACTIVO DE CANARIAS
MAPA INTERACTIVO DE BALEARES
Hola son alba de 6°B,eu non teño inpresora para facer os exercicios de Ciencias Sociales
ResponderEliminarBo día Alba!!
EliminarNon te preocupes, se che apetece podes probar a facer un mapa a man seguindo os modelos que che damos, ti que eres tan xeitosa para o debuxo seguro o fas xenial. Unha aperta virtual.
Fátima