Bo día rapazada!!
Antes de empezar con NATURAIS consultade a entrada de onte de LINGUA GALEGA, nos comentarios tedes o enlace coas solucións da ficha de actividades que propuxemos.
Seguimos avanzando no funcionamento do corpo humano. Primeiro, aquí tes o publicado ata o de agora sobre este tema no blog. Comproba que estás ao día.
Hoxe profundizaremos no aparello circulatorio, centrándonos na circulación do sangue. Para comezar vas a repasar as páxinas 24 e 25 do teu libro de Ciencias da Natureza, se non o tes contigo na casa xa sabes que accedes a el se premes no número das páxinas.
Para complementar a información e practicar accede a esta web con información xeral de repaso sobre o aparello circulatorio. Ves os números 1 - 2 - 3 na esquina superior dereita? O 1 é unha presentación gráfica de información, o 2 e 3 son uns exercicios que che axudarán a comprobar o que sabes.
A seguinte web céntrase no funcionamento do corazón e o percorrido do sangue: a circulación pulmonar e a circulación xeral. Ves os números 1-2-3-4 na esquina superior dereita? O 1 - 2 - 3 son presentacións gráficas e o 4 unha actividade que che axudará a comprobar o que aprendiches.
Agora imos a facer dous exercicios ben sinxeliños do teu libro:
1.- Completa no teu caderno este esquema sobre a circulación.
2.- Exercicio 1 da páxina 25.
Mañá publicaremos nun comentario a esta entrada as solucións dos dous exercicios para que poidas correxir.
Mañá máis!!
Copia e pega o enlace no navegador para ver o esquema sobre a circulación completo:
ResponderEliminarhttps://drive.google.com/file/d/1G56tKmoW2WkLYzmLxjok6GqSG_wKlBIE/view?usp=sharing
Copia e pega o enlace no navegador para ver a solución do exercicio 1 da páxina 25:
ResponderEliminarhttps://drive.google.com/file/d/1NxRtcNM4mTASlDBMRza6u3xnrAHpVA4S/view?usp=sharing