Hoxe imos a repasar O PROCESO DIXESTIVO, se non tes o libro de Ciencias Naturais contigo na casa aquí tes as páxinas para consultalas: páxina 10 e páxina 11.
Este vídeo tamén será de gran axuda para lembrar o paso a paso da dixestión.
Agora que refrescaches ideas comproba todo o que sabes con este CUESTIONARIO e con esta FICHA.
TAREFA 1
1º Imprime a A PLANTILLA DE SOLAPAS . Se non podes imprimila podes facela a man, é moi sinxela.
2º Elabora un pequeno texto no que expliques que sucede en cada momento do proceso dixestivo na boca, no esófago, no estómago, no intestino delgado e finalmente no intestino groso. Podes axudarte do libro (p. 10-11) e do vídeo.
A idea e a plantilla son do blog La Mademoiselle du Fle, bótalle un ollo e verás un exemplo.
GALERÍA DIXESTIVA
Mira os esquemas de:
Aitor 6ºB 1 2 Sara 6ºB 1 2 Unai 6ºA 1 2 Iker 6ºB 1 2
Alma 6ºB 1 Dani 6ºB 1 2 Alicia 6ºA 1 2 Asier 6ºB 1 2
Lucas 6ºA 1 2 Adriana M 6ºA 1 2 Kiara6ºA 1 2
Xiana 6ºA 1 Diego 6ºB Jorge 6ºB
Adriana.D6ºA 1 2 Carla 6ºA 1 2 Amanda 6ºA
Yago6º A1 2 Dani 6ºA Miguel 6º A 1 2 Lola 6ºA 1 2
Manuel 6º A Sabela 6º A
Aitor 6ºB 1 2 Sara 6ºB 1 2 Unai 6ºA 1 2 Iker 6ºB 1 2
Alma 6ºB 1 Dani 6ºB 1 2 Alicia 6ºA 1 2 Asier 6ºB 1 2
Lucas 6ºA 1 2 Adriana M 6ºA 1 2 Kiara6ºA 1 2
Xiana 6ºA 1 Diego 6ºB Jorge 6ºB
Adriana.D6ºA 1 2 Carla 6ºA 1 2 Amanda 6ºA
Yago6º A1 2 Dani 6ºA Miguel 6º A 1 2 Lola 6ºA 1 2
Manuel 6º A Sabela 6º A
Agora que xa temos claro clarísimo como dixerimos os alimentos, imos a lembrar a relación entre alimentos e nutrientes, revisa a información da páxina 8 do teu libro de C.N.
Podes practicar todo o que sabes con estas actividades:
Lembra intalar e/ou activar o FLASH https://helpx.adobe.com/es/flash-player.html
COMEJUEGOS
CON LA COMIDA SÍ SE JUEGA
Aquí abaixo tes un exemplo de prato saudable ou Prato de Harvard, se queres saber máis mira os dous vídeos que tes abaixo.
TAREFA 2
A proposta sobre alimentación é a seguinte:
1º Bota unha ollada pola túa cociña a ver que alimentos atopas.
2º Crea cos alimentos que tes na casa un prato saudable, pode ser para xantar ou cear. Lembra que...
3º Antes de poñerte a papar, unha foto debes sacar.
4º Escribe a receita, podes usar UNHA DESTAS PLANTILLAS ou facer ti unha ao teu gusto.
5º Envía a túa creación (foto + receita) nun mail a sextotorreilla2020@gmail.com .
Ata aquí as propostas de C.N., lembra que tes unha semana para levar a cabo estas actividades.
Bo proveito!
GALERÍA GASTRONÓMICA ;-)
Moi apetecible Dani! |
As lentellas de Unai arrecenden! |
Moi saudable, rico e nutritivo Aitor! |
Alba está feita toda unha chef! |
Tomamos nota da ensalada de Iker. Que pinta!!! |
PABLO 6ºB
Unha ensalada do máis completa!! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.