Antes de empezar con NATURAIS lembra que hoxe é o último día para rematar as tarefas SNAPPET que lanzamos o pasado XOVES 23 de ABRIL. Asegúrate que remataches en verde e se necesitas axuda pregunta polo chat ou por mail.
MATEMÁTICAS: Descomposición de números + Sumas + Restas.
LENGUA CASTELLANA: Prefijos + Sufijos + Acentuación.
Hoxe imos a dar unha voltiña polo pasado e mirar se temos todo o traballiño ao día!
Esta entrada ten a intención de axudarvos a mirar se tedes feitas e entregadas as propostas fundamentais de NATU:
Abaixo verás a recopilación das actividades que como mínimo deben estar feitas e entregadas. A continuación verás as actividades e o enlace onde podes mirar se xa estás ao día:
Trátase da TAREFA 1 que aparece neste enlace CIENCIAS NATURAIS VENRES 20 DE MARZO. Se non atopas o teu na GALERÍA DIXESTIVA por favor, envíaa de novo.
2. DEBUXO E ETIQUETADO DO APARELLO RESPIRATORIO:
Podes mirar se o tes feito en CIENCIAS NATURAIS 27 DE MARZO. Se non atopas o teu na GALERÍA por favor, envíao de novo.
3. DEBUXO E ETIQUETADO DAS PARTES DO CORAZÓN:
Mira neste enlace se o tes feito NATURAIS MÉRCORES 1 DE ABRIL. Se non atopas o teu, por favor, envíao de novo.
4. DEBUXO E ETIQUETADO DO APARELLO EXCRETOR:
Asegúrate de telo feito no seguinte enlace NATURAIS MÉRCORES 22 DE ABRIL. Se non atopas o teu, por favor, envíao de novo.
Cando remates co anterior ponte mans á obra para facer as actividades e exercicios deste cuestionario titulado VIDA SAUDABLE, tes unha semana enteira para facelo, ata o próximo MÉRCORES 6 DE MAIO.
Aquí tes as páxinas que precisarás consultar: 8 9 14 15 .
As actividades 11 e 12 tes que envialas por mail, todas as demais chegarán cando premas na pestana ENVIAR que verás ao final do cuestionario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.