lunes, 22 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Boas xentiña!!!    

   🌞🌞🌅🌅 Chegou o verán!!🌅🌅🌞🌞

Para este verán dende a titoría de 6º de primaria recoméndase aos nenos/as realizar as seguintes tarefas. 

- Desfrutar de todas as cousas que depare o verán.💃💃
- Gozar da familia e dos amigos/as. 👪👫👬👭
- Xogar e divertirse o máximo posible todos os días.  🎉🎊

E se despois de todo iso temos un ratiño libre, podemos realizar as seguintes actividades: 

 📚 Lectura (libros, prensa, comics, revistas...).
 📝 Escritura (redactar contos, poemas, diario de verán, cartas, postais…).
 💡 Resolución de problemas e operacións básicas (sumas, restas, multiplicacións e                   divisións).

ABAIXO ATOPARÁS ENLACES A MATERIAIS MOI INTERESANTES

Dende as titorías de 6º de primaria agradecervos en primeiro lugar a vós, ALUMN@S, por este estupendo curso. Grazas por ensinarnos tantas cousas día a día, por facer que o noso traballo teña sentido ,e sobre todo, grazas por axudarnos a seguir entendendo o por que da fermosurada da nosa profesión. 

Esperamos que os nosos camiños se volvan a xuntar. Pero de todos modos, estamos seguros que tedes garantido o éxito. Non esquenzades loitar por aquelo que realmente queredes.

Grazas tamén ás familias por respectar e confiar no noso traballo e por suposto por facernos sentir moi cómodos o carón dos vosos fill@s. 

Recordade que “ser feliz é divertido pero… facer feliz ós demais é apaixonante!"

Moitas grazas por todo. Bicos e apertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.