miércoles, 17 de junio de 2020

DERRADEIRA PROPOSTA!!

Aquí está a derradeira proposta do curso coa que nos gustaría pechar este blog.

A vosa etapa en Educación Primaria está a rematar e de seguro que tedes moitísimas lembranzas e anécdotas divertidas destes seis anos que vos gustaría compartir con todos. 


Mergúllate na memoria e mándanos ese recordo especial, anécdota divertida ou actividade que desfrutaches moito. Podes enviar unha ilustración acompañada dun texto, un vídeo, un audio ...     O formato co que te sintas máis cómod@ e co que creas que te expresarás mellor.

Xa sabedes onde agardamos as vosas lembranzas, o venres publicaremos todas as vosas lembranzas e as nosas tamén  ;-)

sextotorreilla2020@gmail.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.