lunes, 4 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS LUNS 4 DE MAIO


Boa semana a todas e todos!

Despois destas semanas aprendendo sobre o relevo de España, as nosas cordilleiras, montes e costas, imos a continuar repasando xeografía pero esta semana centrarémonos na organización do territorio.

Xa sabes que o noso país organízase en comunidades autónomas, provincias e concellos. 

A nosa comunidade autónoma é Galicia, que a súa vez se divide en...  Cantas provincias? Moi ben, catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. 

A Illa de Arousa é un dos 62 concellos da provincia de Pontevedra. Os concellos tenden a organizarse e agruparse en comarcas para compartir recursos e axudarse. Na provincia de Pontevedra hai 10 comarcas. Se premes no mapa entrarás na Wikipedia e poderás saber máis sobre a provincia de Pontevedra, os seus concellos e comarcas. Investiga e averigua:


  • Cal é a comarca á que pertence o concello da Illa de Arousa?
  • Cantos concellos conforman esa comarca?




Agora que xa sabes un pouco máis sobre a organización da provincia de Pontevedra, imos a practicar cun mapa e aprender o nome e a situación das comarcas da nosa provincia. Preme no mapa.



Despois de practicar co mapa, pensas que poderías facer un puzzle coas comarcas de Pontevedra?



Agora propoñémosche que fagas unha pequena investigación e traballes cun mapa en papel. Aquí tes todo o que precisarás:




WIKIPEDIA: O SALNÉS.

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS.

VÍDEO DA RUTA PADRE SARMIENTO.

WEB DA RUTA PADRE SARMIENTO.



TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN


MIGUEL 6º A       SABELA 6ºA      ALBA 6ºB      XIANA 6ºA    SARA 6ºB      ESTELA 6ºB

DANI 6ºB            ASIER 6ºB 1      ASIER 6ºB 2       JORGE 6ºB       UNAI 6º A      ALMA 6ºB

LUCAS 6º A 1 2    DANIELA 6ºB    VICENTE 6ºB      BRAIS 6ºA      JAVI 6ºB      KIARA 6º A






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.