viernes, 24 de abril de 2020

A ENTREVISTA VENRES 24 DE ABRIL

Bo día a todas e a todos!

Seguro que xa estades ao tanto das novas medidas que o goberno quere poñer en marcha dentro duns días relacionadas co estado de alerta e o confinamento dos nenos e nenas. A día de hoxe a norma aínda non está redactada e publicada, pero o goberno xa avanzou gran parte do seu contido. Aquí deixamos un vídeo e un artigo de prensa, ides a precisar estar ben informad@s para realizar a tarefa de hoxe.

Preme no titular para ler a noticia:






A proposta de hoxe é que realices unha ENTREVISTA a alguén da túa contorna para coñecer a súa opinión sobre esta nova medida que vai a adoptar o goberno.  Pero imos paso a paso:


1º PREPARACIÓN: Prepara en profundidade a túa entrevista informándote ben, escolle a persoa á que vas entrevistar e lembra as fases que deberá ter a túa entrevista:

  • PRESENTACIÓN: Unha breve presentación da persoa entrevistada e do tema da entrevista.
  • DESENROLO: É a parte principal, aquí estarán as preguntas e as respostas.
  • PECHE: Para rematar prepara un agradecemento pola súa participación á persoa entrevistada e despide a entrevista. 
2º MANS Á OBRA: Unha vez que teñas preparadas e escritas as 3 partes da entrevista (presentación, desenrolo e peche) ponte ao lío. Como? Pois ocórrensenos varias formas:

  • Por escrito, se escolles esta opción e o fas con Word emprega letra Arial por favor. Xa sabes tamén que pode ser en papel e nos mandas unha foto.
  • Audio,  podes empregar a gravadora do teléfono e enviarnos o arquivo de audio por mail.
  • Vídeo, se te animas a facelo deste xeito e o vídeo supera os 25 megas terás que empregar o WE TRANSFER para envialo por mail. É unha web para enviar arquivos "moi pesados", non precisas rexistrarte, soamente segue estas instruccións:  TITORIAL WE TRANSFER.

Se queres, na parte PECHE da túa entrevista tamén podes dar a túa opinión explicando se coincide coa opinión da túa entrevistada ou mostrando tamén en que se diferencia a túa opnión da súa.

3º PUBLICAREMOS TODAS AS ENTREVISTAS NO BLOG: A medida que vaian chegando as entrevistas iremos publicándoas no noso blog. Planifica amodo, non hai presa ningunha.



AQUÍ VAN 3 EXEMPLOS POR SE PRECISAS INSPIRACIÓN:



1º EXEMPLO, chama por teléfono a un amigo ou familiar, grava a entrevista e mándanos o audio, tamén podes entrevistar e gravar a alguén da túa familia que esté contigo na casa:






2º EXEMPLO, manda a túa entrevista escrita. Preme na entrevista para vela máis grande.

3º EXEMPLO, grava un vídeo e mándao por WE TRANSFER ao noso mail.






ADIANT  REPORTEIR@S


MIGUEL 6ºA               CARLA 6ºA                   ALDARA 6ºB               ADIANA D. 6ºA      



BRAIS 6ºA                 ALICIA 6º A                     DANI 6ºB                         SABELA 6ºA


AITOR 6ºB                   NOA 6ºA                        KIARA 6ºA                    JORGE 6ºB


ALMA 6ºB                   IKER 6ºB                     JAVI 6ºB                     I   ESTELA 6ºB



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.