Preme AQUÍ para comezar a xogar.
QUICK, DRAW! É un "Pictionary" no que te enfrentas ao teu ordenador. As regras do xogo son moi sinxelas, pídenche debuxar 6 cousas, pode ser o que sexa: pasta dental, un esquío, unha pelota, un coche, unha flor, algún rostro, etc. A túa tarefa é lograr debuxar en 20 segundos o obxecto que che piden. Ao mesmo tempo, mentres ti garabateas, a aplicación comenta todo o que ve na pantalla tentando adiviñar que é o que estás a debuxar.
Despois dunhas partidiñas escríbenos un comentario para contarnos que che parece o xogo e se queres que deixemos propostas así no blog.
Veña, fai clic e a xogar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.