lunes, 30 de marzo de 2020

MATES LUNS 30 DE MARZO

BOAS RAPAZADA ! COMO FOI ESE FIN DE SEMANA?

Bueno, hoxe vimos con algo un pouco máis novo, non é descoñecido para vós xa que en 5º o traballáchedes, pero por si nos esquecimos...   Cun pouquiño de repaso e @s xeni@s que estades feitos isto estará chupado.


Trátrase das DIVISIÓNS CON DECIMAIS! Tachaaán! Mirade, non agobiarse, iso é o primeiro. Aquí vai un vídeo onde  explicamos da mellor maneira posible o comezo das división con decimais.

Hoxe soamente explicaremos unha introdución e como facer divisións entre un número decimal e un número natural
O resto das posibles división para o próximo día! 😉 

                 Pincha   VIDEO DIVISIÓN PARTE 1   
                                    
  • AGORA TOCA PRÁCTICAR! NESTES ENLACES TEDES ONDE FACELO CON DISTINTOS NIVEIS . SERÁS CAPAZ DE SUPERALOS TODOS?
     NIVEL I : Nesta fase inclúe explicación paso a paso. É moi interesante que probes, axudarache!

      NIVEL II: Complicase un pouco máis pero tes certas axudiñas!

      NIVEL III:  Ollo aquí podes facer as división que queiras (NECESITAS PAPEL E LAPIS) pero aparéceche no lado dereito os acertos e o tempo que te leva facelas. Unha vez rematada axúdache se tes erros, explicando como se debería facer! (aviso!!📢📢 para dividir vaivos aparecer o símbolo %). Serás capaz de facer 10 divisións seguidas ben? E... en canto tempo?  👀  👀

  • Creíades que co triángulo máxico remataría todo?? Pois moi equivocadiñ@s estabades!! Xa vin que fostes capaces de facelo... Pero...  E un cadrado? 

RÉTOCHE!!😎 😎 

👿INTENTA QUE O CADRADO MÁXICO SUME SEMPRE 15!!! 👿



Tedes toda a semana para intentalo!!! Dádelle a esa cabeciña! 😉. 
Como sempre mandade a solución ao correo:  sextotorreilla2020@gmail.com


NOME+ CURSO+ FOTO



O venres publicaremos a solución!!

               Ánimo,  moito  ánim! 💪💪💪 





2 comentarios:

  1. Son Jairo Martinez de 6A quero fader os ejercicios das divisions e non me deixa gracias

    ResponderEliminar
  2. Boa tarde Jairo!! Supoño que o problema será que non tes activado o FLASH PLAYER, tes que instalalo ou activalo, depende do navegador que empregues faise dun xeito ou doutro. aquí tes un tutorial que che axedará a facelo:

    https://helpx.adobe.com/es/flash-player.html

    Ánimo!!!

    ResponderEliminar

Por favor, indica SEMPRE no teu comentario o teu nome e curso, Grazas.